A escola de danza Dansá organiza o Summer Festival este sábado
A escola de danza Dansá, en colaboración co Concello da Guarda, organiza o Summer Festival este sábado 27 de xullo. As actuacións darán comezo ás 17:00 horas no pavillón municipal da Sangriña.
Haberá actuacións de diferentes estilos, ademais de sorteos e artistas invitados. Tamén contarán coa presenza de Carlos Veleiro como mestre de cerimonias.