A exposición “Enerxía, auga e máquinas” estará no Centro Cultural da Guarda do 29 de decembro ao 12 de xaneiro
A partir deste xoves 29 de decembro, queda aberta ao público a exposición “Enerxía, auga e máquinas” que acollerá ata o 12 de decembro o Centro Cultural da Guarda. O horario para visitar a mostra é de 10 a 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde, de luns a venres. Os sábados o horario reducirase ás horas da mañá.
A partir deste xoves 29 de decembro, queda aberta ao público a exposición “Enerxía, auga e máquinas” que acollerá ata o 12 de xaneiro o Centro Cultural da Guarda. O horario para visitar a mostra é de 10 a 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde, de luns a venres. Os sábados o horario reducirase ás horas da mañá
A exposición “Enerxía, auga e máquinas” destaca polo seu marcado carácter didáctico que busca amosar a importancia da auga como elemento clave na realización de moitos traballos a través de máquinas deseñadas para que se puidera aproveitar esa enerxía. Entre estas máquinas creadas para aproveitar a enerxía da auga atópase a tradicional roda hidráulica ou as norias.
Arredor destas máquinas xira a mostra, na haberá dez paneis explicativos e tres máquinas construídas en madeira: dúas rodas hidráulicas e unha noria que sube auga para trasladala mediante un sistema de canais. Ademais, pódense observar diferentes mecanismos de transmisión do movemento da roda aos elementos de traballo: engranaxes, levas e sistemas de poleas e correas.
A exposición permanecerá dúas semanas no Centro Cultural da Guarda para que todo o que o desexe se achegue a aprender un pouco máis das máquinas que permitiron durante moito tempo levar a cabo diversos traballos aproveitando a forza e enerxía do elemento base da vida: a auga.