(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA DA GUARDA REPARTE UNS 500 KILOS DE ESTE PREZADO MARISCO

    A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA DA GUARDA REPARTE UNS 500 KILOS DE ESTE PREZADO MARISCO

    • Posted by Concello
    • Categories Turismo
    • Date 6 July, 2015

    A cantidade de comensais superou todas as expectativas

    A festa da Langosta e da Cociña Mariñeira celebrada durante o pasado fin de semana na Guarda, foi un verdadeiro éxito. Tanto os restaurantes presentes na carpa gastronómica, como a bodega, a cafetería e a confeitería, ou os artesáns participantes na feira e o propio Concello, organizador do evento, confirman que a XXV edición desta festa superou todas as expectativas e foi moito mellor ca celebración dos anos anteriores.

    En total, entre os catro restaurantes venderon  500 quilogramos de langosta, servida tanto a peza enteira como a metade e, tanto cocida coma a prancha. Ademais de este prezado marisco, os establecementos tamén ofreceron polbo, navallas, empanadas, croquetas,percebes, brochetas ou buñuelos de rape.
    Toda a xente que durante todo o fin de semana se acercou á carpa fixo que algúns destes produtos o domingo xa estivesen esgotados, como por exemplo as croquetas de langosta ou os saquiños recheos de marisco.

    Os comensais foron unha constante durante todo o fin de semana. O venres á noite, coincidindo coa apertura da carpa e a demostración gastronómica do chef pregoeiro da festa, Yayo Daporta, a carpa instalada no Porto da Guarda, estivo practicamente chea.
    O sábado, a xente comezou a achegarse polo recinto ás 12 horas, momento no que os restaurantes xa comezaban a servir os seus pratos.
    Este ano, o que máis chamou a atención, foi que os comensais foron chegando de maneira moi graduada e constante.

    Entre a xente que visitou a carpa atopábanse moitos veciños e veciñas da Guarda, do Rosal ou de Tui, pero tamén xente chegadas dende outros puntos de Galicia, como Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense ou Sanxenxo. Moitos dos visitantes eran madrileños, canarios, estremeños, cataláns ou leoneses, pero sen esquecer ós comensais internacionais chegados, por exemplo, de Portugal, Inglaterra, Francia ou Alemaña.

    A pesar de que a festa principalmente baséase na gastronomía, o resto da programación tamén tivo un espectacular recibimento. Este é o caso do tren turístico que levaba de forma gratuíta ós visitantes a coñecer a localidade. A pesar de que había saídas durante toda a tarde e dous pola mañá, o volume de xente que quixo utilizalo fixo que algúns deles quedaran sen billetes.

    A XX Travesía a Nado Porto da Guarda, celebrada o sábado a partir das 18 horas, tamén foi un éxito de participación xa que máis de 100 nadadores foron quen de rematar o percorrido.

    Na feira de artesáns tamén houbo moitos visitantes e os inchables e obradoiros para nenos estiveron cheos de rapaces durante toda a súa duración.

    Unha das actividades que máis chamou a atención e fixo que se formasen colas na carpa foi o taller de fotografías. Neste evento, todo aquel que quixese, podía facerse unha fotografía suxeitando unha langosta de xoguete na man, e con diferentes gorros e gafas,  aparecer co fondo do Porto da Guarda, e levala de recordo da XXV Edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

    Por último, os concertos que se sucederon durante todo o fin de semana tamén atraeron a moita xente á carpa. O venres, tras a inauguración os encargados de poñerlle banda sonora a festa foi a orquestra “América”. O sábado pola mañá actuou o acordeonista Daniel Vilanova, e pola noite soou a música dos anos 60 da man do grupo guardés “The Winning Numbers” e a dos 70 grazas a “Lou Reyes”.
    O domingo, os encargados de pechar esta exitosa edición, foron Claudia Madeira e Rui Teixeira, artistas chegados dende Portugal, que deslumbraron cos seus fados.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    A poeta Rosalía de Castro protagonista na Guarda nunha semana con diferentes actividades
    6 July, 2015

    Next post

    Melchor, Gaspar e Baltasar reciben aos nenos e nenas da Guarda
    5 January, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy