(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda acolle a presentación de “Pezas guapas, para gaita, para zanfona e acordeón”

    A Guarda acolle a presentación de “Pezas guapas, para gaita, para zanfona e acordeón”

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 17 June, 2022

    • Os primeiros tres volumes de Xosé Manuel Fernández, presentaranse o luns 20 de xuño ás 20h no Centro Cultural da Guarda.

    O Centro Cultural da Guarda será o escenario, o vindeiro luns día 20 de xuño ás 20:00h da tarde, para a presentación dos primeiros tres volumes de “Pezas guapas, para gaita, para zanfona e acordeón” de Xosé Manuel Fernández “Muxicas”.

    Nesta actividade, organizada dende o Conservatorio de Música Elemental da Guarda, obsequiarase aos asistentes cun agasallo lembranceiro.

    Os libros “Pezas guapas, para gaita, para zanfona e acordeón”, forman parte de tres volumes, Tempo de Valse, Tepo de Muiñeira – Tempo de Festa e Tempo de Baile.
    O primeiro volume, Tempo de Valse “Pezas guapas, para gaita, para zanfona e acordeón”, vai adicado ós valses, hai quen se refire a “Muxicas”, en chanza ou en serio, coma “meste valseiro”. En palabras do autor “O de mestre quédame grande pero si é certo que teño unha especial querenza polos valses.” 21 valses neste libriño que veu a luz no ano vinte un. En pleno século vinte un. Casualidade?. Pois pode ser …

    O segundo libro, Tempo de Muiñeira – Tempo de Festa presenta 21 novas muiñeiras para tocar en de festa, de furancho, de festivais ou simplemente para desfrutar na casa.

    O terceiro volume “Tempo de Baile – Rumbas, polcas, mazurcas, foxtrots, habaneras, milonga e tango” presenta 19 novos temas, máis dous extras.
    Temas que nos permiten engarzar cos vellos gaiteiros que lograron traer a gaita galega ós nosos tempos. Unha oportunidade única para empatar a rasgadura que fixo á cultura galega a “moda celta”.

    A colección inclúe temas para gaiteiros solistas, para dúas, tres ou catro gaitas. Para zanfonas, para acordeóns, para bandas de gaitas, para grupos folc ou para gaitas en distintos tons.

    Novas creacións para desfrutar tocando só ou cos amigos.

    Inclúe as partituras para gaitas coa escrita tanto en Do coma en Re, centos de páxinas cheas de nova música con vellos arrecendos, co selo inequívoco de Xosé Manuel Fernández Costas “Muxicas”

    XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ COSTAS (Vigo – 1960)

    Autor de numerosos temas para gaita, como “Michuca”, “Boisaca-Choupana”, “Velaí”, “DeNTe” ou o “Pasodobre e medio”.
    Coautor e creador de outros moitos tamén incluídos na discografía de Muxicas, como a “Foliada de Andrea” ou “A Barroca”. Foi o responsable das montaxes e arranxos dos temas gravados por Muxicas dende o primeiro disco.
    Temas compostos ou arranxados por el atopámolos na discografía de grupos coma “O cuarteto Caramuxo”, “Anxo Lorenzo”, “Susana Seivane”, “Xeito Novo”, “Riobó”, “Manxadoira” ou “Xarabal”, entre outros. Ou en bandas sonoras de películas como “Gallego”
    Ós seis anos de idade encomeza a súa andaina polo mundo da música, de xeito autodidacta, mareando entre múltiples instrumentos de corda e vento, dando dende moi novo algúns que outros concertos benéficos.
    No mes de abril do ano 1977 entra no mundo da gaita galega, da man do seu titor no instituto, para participar na festa escolar co gallo da celebración do día das Letras Galegas.
    Ese 17 de maio fai a súa primeira actuación coma gaiteiro, con instrumentos cedidos por Pucho, amigo e perruqueiro da familia, líder do grupo “Airiños do Monte” de Sampaio, primeiro grupo profesional no que desenrolará o seu quefacer. Primeiro como percusionista e logo tamén como gaiteiro.
    No ano 1978 crea, xunto con catro compañeiros máis, o grupo Muxicas. Grupo que liderará dende a súa fundación e no que desenrolará toda a súa carreira musical durante os seus vinte dous anos de existencia. Gravando un total de oito discos oficiais, facendo tamén o traballo de produtor discográfico dos sete últimos.
    Entre 1981 e 1985 deseña, dirixe e presenta o “Festival Folclórico de Inverno” de Vigo, que organiza coa colaboración dos seus compañeiros de Muxicas.
    En 1982 é “fichado” polo periodista Segundo Mariño para dirixir e presentar un programa radiofónico que chama “A volta da Festa”. Primeiro en Radio Cadena Española e logo en Radio Nacional de España, cunha frecuencia de emisión que flutúa entre semanal e diaria durante varios anos, labor que desenrola ata o ano 1987.
    Participa como músico colaborador nos traballos discográficos de, entre outros, Os Carunchos, Alberto Conde, Cuchús Pimentel, Na Lúa, Ollo ó can, Na virada, Bombeiros Voluntarios ou o Coro Ultreia.
    É membro fundador da Asociación de Gaiteiros Galegos, compoñente da mesa directiva no proceso de creación. Así mesmo figura como director, redactor e deseñador en diversos números da revista “A GAITA GRILEIRA” primeira publicación editada pola AGG.
    Estivo presente activamente na creación e planificación da “Festa da Reconquista” de Vigo, actuando na representación teatral nos primeiros anos como relator dos feitos acontecidos mediante un cantar de cego composto por el, con cartel deseñado e pintado por Liño Figueroa, compañeiro de Muxicas. Dirixindo e coordinando tamén, durante varios anos, a animación musical do evento e ós numerosos grupos contratados.
    Tras a desaparición de Muxicas no ano 2000, logo dalgunhas tempadas máis actuando coma cego solista co nome artístico de “Casimiro, o cego da zanfona”, retírase da escena pública musical.
    A partires do ano 2015, e a instancias dalgúns amigos, retoma o rexistro físico de temas, maiormente para gaita, pito, requinta, acordeón ou zanfona, que se lle ocorren acotío e que ata ese momento deixaba correr, sen reflectir.
    Porque poñer os pes no pasado para turrar cara ó futuro é o que nos fai progresar.

    Tag:A Guarda, Conservatorio, cultura, Música, muxicas, presentación

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Listaxes provisionais de persoas admitidas para o campamento urbano de verán 2022
    17 June, 2022

    Next post

    As Alfombras Florais voltaron a encher de cor as rúas guardesas
    20 June, 2022

    You may also like

    • A Guarda volverá contar con representación no Desfile de San Patricio de Madrid
      10 March, 2026
    • ‘Os contos do Lobicán’ ofrecen un espectáculo de monicreques cheo de valores educativos
      9 March, 2026
    • O Concello organiza unha exposición para que o alumnado coñeza a herdanza indiana na Guarda
      6 March, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy