A Guarda acolle a quinta sesión dos “Encontros en Familia” o vindeiro 7 de novembro
O próximo martes día 7 de novembro continúa na Guarda Encontros en familia coa quinta sesión “Ruptura da parella, moitas perdas e algunhas gañancias”. Nesta ocasión trataremos a importancia de saber actuar ante unha ruptura de parella e os cambios asociados ao núcleo familiar que isto provoca.
Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) pretende crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que inviten ao debate e a reflexión sobre o papel da familia na sociedade actual e ao mesmo tempo ofrecer un formato máis práctico con recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.
O obxectivo destes encontros é fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.
Na súa organización se tivo en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda.
En total son 7 encontros, o primeiro deles tivo lugar no mes de xuño e xunto coa presentación do ciclo abordáronse temas tan importantes como a saúde mental, hábitos saudables e o tempo de ocio e familiar. A duración de cada un será de 90 minutos e estarán dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga.
PROGRAMA
- NOVEMBRO
07.11.23
- “Ruptura de parella”. Moitas perdas e algunhas ganancias.
21.11.23
- “O acoso escolar”. Detección, prevención e intervención familiar.
- DECEMBRO
12.12.23
- “A afectación do duelo ás relaciones familiares”. Ferramentas e comunicación para xestionar o duelo.
Todas as charlas realizaranse os martes na Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30h a 21:00h. A entrada é libre ata completar aforo. Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 SEAF e 986 614 507 Servizos sociais.
E-mail: educadora@aguarda.es