(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • A Guarda acolle en febreiro un curso de Elaboración artesanal de Ungüentos naturais

    A Guarda acolle en febreiro un curso de Elaboración artesanal de Ungüentos naturais

    • Posted by prensa
    • Categories Xerais
    • Date 10 January, 2020

    Trátase dunha nova acción formativa de «Coas mans na masa» da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural

    A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa coa súa apostando pola formación como ferramenta para mellorar a capacitación dos recursos humanos do territorio. Por este motivo, e tras o éxito acadado en 2018 e 2019, a Escola Eu Rural pon en marcha a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo que busca engadir valor no mercado aos produtos do sector primario a través da transformación da abundante materia prima da contorna en produtos de gran calidade e da súa conservación para a posterior comercialización.

    Seis cursos, seis concellos

    A gran demanda das accións formativas levadas a cabo na pasada edición do programa ‘Coas mans na masa’, nas que houbo unha importante lista de agarda de persoas interesadas en participar, motivou que Eurural volva a poñer en marcha os cursos de elaboración artesanal de ungüentos naturais e de elaboración artesanal de conservas. Así, por un lado, as persoas interesadas en aprender a crear cremas, pinturas, aceites… con recursos naturais da contorna poderán participar nalgunha das 4 accións formativas de ‘Elaboración artesanal de Ungüentos naturais’ que se celebrará en A Guarda (3 e 4 de febreiro), Tui (10 e 11 de febreiro), Baiona (17 e 18 de febreiro) e O Rosal (9 e 10 de marzo), catro concellos nos que aínda non se tiña impartido esta actividade.

    Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e estea interesada, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán en horario de 16.30 a 20.30 horas e haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

    Novas edicións

    ‘Coas mans na masa’ nace ao acubillo da Escola Eurural, creada en 2017 como unha ferramenta posta en marcha pola AD Galicia Suroeste Eurural para canalizar todas as accións formativas que se desenvolven no territorio do GDR 14 e que abrangue aos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

    Dentro da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa elaborada pola AD Galicia Suroeste Eurural, na que se estableceron as liñas de actuación da Medida Leader para o territorio do GDR 14, recóllese unha aposta pola formación como vehículo para mellorar a capacitación do capital humano da contorna. Por este motivo, cada ano destínase o 2,5% do orzamento anual da asociación á creación de itinerarios formativos para toda a poboación e ata o de agora xa se formaron a máis de 280 persoas.

    Tag:Curso, Eu Rural, Formación

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Convocatoria de Pleno Extraordinario para o vindeiro martes día 14 de xaneiro
    10 January, 2020

    Next post

    A actividade de dinamización en igualdade «Igual a nós» chega este mes á Guarda
    10 January, 2020

    You may also like

    • A unidade móbil de ADOS visita A Guarda o martes 28 de abril
      24 April, 2026
    • A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en maio na Guarda
      22 April, 2026
    • A churrrería Santa Tecla súmase á venda en beneficio das Festas do Monte 2026
      1 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy