A Guarda acolle este sábado a impactante performance teatral “Axentes AntiBulos”
• A cita terá lugar o sábado 3 de setembro ás 12:00h na Praza de Avelino Vicente
O vindeiro sábado día 3 de setembro a Asociación FOCO da Guarda e ON&OFF da Rioxa levarán a cabo a Performance teatral “Axentes AntiBulos” ás 12 da mañá na praza de Avelino Vicente.
Trátase dunha actividade na que participarán un total de 19 actores e actrices de entre 13 e 18 anos dos grupos de FOCO (A Guarda) e ON&OFF (A Rioxa), onde amosarán as pezas teatrais desenvolvidas ao longo do mes de abril dentro do proxecto Europeo Axentes AntiBulos. Os mozos e mozas rioxanas compartiron 4 días de traballo creativo e escénico co grupo da Guarda que participa no proxecto.
A iniciativa, que conta con financiamento europeo, está apoiada polo Concello da Guarda, desde onde se anima á poboación local e visitantes a achegarse e desfrutar desta singular actuación que non deixará indiferente a ninguén.
Tag:A Guarda, axentes antibulos, cultura, foco, performance, Teatro