(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • A Guarda afianza a execución do seu Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD)

    A Guarda afianza a execución do seu Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD)

    • Posted by prensa
    • Categories Turismo, | Novas Destacadas
    • Date 8 May, 2025

    A comisión de seguimento do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) reuniuse este xoves no Concello da Guarda coa participación de representantes da administración local e da Axencia de Turismo de Galicia.

    O alcalde, Roberto Carrero, presidiu a comisión na que participaron os concelleiros, Oscar Álvarez e Isidro Lomba, ademais de persoal técnico municipal. Representando á administración autonómica estiveron Marta Trebolle, Xefa da Área de Calidade e Proxectos Europeos, e Iván Meléndez, Director de Competitividade de Turismo de Galicia.

    A xuntanza serviu para avaliar o estado actual do proxecto, revisar o cronograma previsto e coordinar os próximos pasos de cara ao inicio da fase de execución, constatando que se materializarán coas primeiras licitacións previstas para o ano 2025.

    O convenio de colaboración, asinado en 2023 entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Guarda, contempla unha subvención de 1.000.000 €, financiada ao 100% con fondos europeos NextGenerationEU.

    O goberno local traballou de xeito continuo na adaptación técnica e administrativa do plan, garantindo que as actuacións previstas poidan levarse a cabo con plena seguridade xurídica e operativa.

    O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, destacou tras a reunión que “o obxectivo dende o primeiro momento foi claro: facer as cousas ben para asegurar que este investimento europeo se traduza en melloras reais para A Guarda. Hoxe podemos dicir que ese traballo está feito, e que o plan está preparado para comezar a executarse no vindeiro ano”.

    Carrero subliñou ademais que o Plan de Sustentabilidae Turística “representa unha oportunidade moi importante para avanzar cara a un modelo turístico máis equilibrado, que coide a nosa contorna, potencie os nosos recursos e xere beneficios para toda a cidadanía”.

    As actuacións previstas céntranse principalmente na contorna do porto, no dique norte, e do Museo do Mar, coa mellora e restauración destes espazos, así como humanizacións no casco urbano e melloras na mobilidade. O obxectivo é promover unha vila máis amable e sustentable, poñendo en valor o Camiño Portugués da Costa e outros elementos de interese cultural e turístico.

    Entre as accións atópanse a creación dunha área de autocaravanas na contorna do Museo do Mar, un aparcadoiro disuasorio que axudará a reducir o tráfico e mellorar a calidade do aire no centro, a humanización e acondicionamento da rúa Rosalía de Castro ou a conexión da rede de sendas peonís. Ademais, inclúese unha intervención no eido enerxético con melloras no alumeado público. Con estas e outras actuacións complementarias que se están a impulsar dende o Concello, a zona experimentará unha renovación integral, con beneficios non só para o sector turístico, senón tamén para a calidade de vida da veciñanza.

    Con esta reunión, o Concello da Guarda consolida un novo paso na folla de ruta do plan, que incluirá actuacións orientadas á valorización do patrimonio, a mobilidade sostible, a dixitalización e a mellora dos servizos turísticos, todo isto con criterios de sustentabilidade e proxección de futuro.

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Novo oportunidade para practicar cerámica de balde grazas ao Concello da Guarda
    8 May, 2025

    Next post

    A Guarda promove a conciliación cun novo campamento para este verán
    9 May, 2025

    You may also like

    • A Guarda presenta un verán cheo de plans
      20 June, 2025
    • A foodtruck de Galicia Sabe Amar visita A Guarda
      19 June, 2025
    • Música e espectáculos para desfrutar a Festa da Langosta en familia
      18 June, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy