(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda aplaude ao unísono a dedicación á cultura e o altruísmo de Julia Sobrino

    A Guarda aplaude ao unísono a dedicación á cultura e o altruísmo de Julia Sobrino

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 20 March, 2018

    O pasado sábado, 17 de marzo, o Centro Cultural acolleu o festival poético-musical organizado polo Concello da Guarda en homenaxe a Julia Sobrino, guardesa pioneira no ámbito cultural, social, empresarial e político na vila.  O salón de actos do emblemático edificio encheuse, con á beira de 200 persoas, para festexar a que todos e todas as participantes coincidiron en sinalar como unha «merecidísima homenaxe» a unha das mulleres máis destacadas no ámbito cultural e social guardés.

    O acto, presentado por Manuel Santos, contou coa participación de numerosos representantes das asociacións e colectivos culturais dos que Julia forma ou formou parte, así como familiares, amigas e amigos, ex-compañeiros/as da corporación municipal e representantes do Concello da Guarda.

    Máis de 200 persoas congregáronse no Centro Cultural para agradecer á guardesa o seu labor en prol da cultura e o desenvolvemento do pobo.

    A primeira intervención viu da man da directora do grupo de pandeireteiras da Agrupación Musical guardesa, Berta Castro, que salientou a necesidade da homenaxe e deu paso a unha actuación na que tamén participaron os cativos e cativas da agrupación. «Grazas a ti, Julia, moitos proxectos saíron adiante e non se quedaron só en ideas» afirmaron a presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda, María del Carmen Castro, e a presidenta da Asociación para a Recuperación do Traxe Galego, Carmen González, que se referiron á homenaxeada como «un orgullo para A Guarda».

    A promotora do evento, María Asunción ‘Chuny’ Vázquez, subiu tamén ao escenario acompañada do compañeiro e amigo José Antonio Uris para ofrecer aos asistentes unha aproximación ás súas vivencias con Julia Sobrino; «una persona creativa, activa y culta», destacou a poetisa. Deseguido, tomou a palabra a súa «contrincante política» e amiga, Purificación Álvarez quen, ataviada co traxe galego, ofreceu ao público un breve repaso á biografía de Julia Sobrino e dedicou dous poemas sobre o traxe tradicional.

      O festival poético-musical continuou coas intervencións da cantautora María José Baz e a poetisa Aida Lomba que dedicaron, respectivamente, unha canción e uns versos á homenaxeada. Mais as actuacións e as sorpresas non remataron aí: o grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco entrou pola porta principal da estancia para sorprender a Julia cunha actuación e agradecer así, en palabras de Ángela Vicente, «o legado que deixas nesta familia, porque nos ensinaches a amar o folclore galego, a estar no escenario e fora del».

      A homenaxeada tamén participou na sesión de «Contos contados» da Biblioteca Municipal dedicado á lectura da súa poesía.

      Con lembranzas do seu paso pola política municipal, interviu o ex-alcalde José Manuel Domínguez Freitas, que describiu á homenaxeada como unha muller «moi traballadora» cuxo paso pola corporación municipal deixou unha pegada positiva tanto nos seus contrincantes políticos como nos traballadores e traballadoras municipais.

      Ao remate do acto, as concelleiras, concelleiros e o alcalde do Concello da Guarda subiron ao escenario e acolleron a Julia para facerlle entrega do pin de ouro do Concello da Guarda, como mostra do agradecendo do pobo a «unha persoa imprescindible», segundo definiu o rexedor local. «O mundo necesita moitas Julias», engadiu Antonio Lomba, que tamén fixo entrega dun ramo de flores ao marido da homenaxeada, Suso Pereiro. Nesta mesma liña, Victoriano Álvarez, en representación dos numerosos colectivos dos que ela formou parte, entregou a Julia un agasallo e dedicou unhas verbas coas que recoñeceu a súa calidade humana, pola que «é querida por persoas moi distintas».

        A homenaxeada concluíu o festival agradecendo todas as mostras de cariño e o recoñecemento o seu traballo nos eidos cultural, social, político e empresarial, mais engadindo: «Me pregunto si es cierto todo esto tan bonito que han dicho sobre mi. Creo que no lo merezco, pero muchas gracias a todos por estar aquí».

        Julia Sobrino, muller poeta

        A sesión da actividade «Contos contados» da Biblioteca Pública Municipal dedicouse o pasado sábado á obra poética de Julia Sobrino. A mestra, amiga e admiradora da autora, Mari Álvarez, dirixiu esta entrañable sesión de lectura, na que as cativas e cativos puideron achegarse á poesía e os contos de Julia Sobrino. Ela, presente na actividade, quixo agasallar aos asistentes cuns marcapáxinas nos que se recollen fragmentos das obras lidas na sesión.

        Deseguido, as pequenas e pequenos participaron na elaboración dun mural composto por debuxos e versos de diversas poetisas. Este traballo, dedicado a Julia Sobrino, foi exposto no salón de actos, onde esa mesma tarde se celebraría o festival poético-musical en homenaxe á guardesa.

          O festival poético-musical en homenaxe a Julia Sobrino e «Contos contados: muller poeta» enmárcanse na programación especial con motivo do Día Internacional das Mulleres, coa que a Concellería de Cultura pon en valor o labor social e cultural realizado por mulleres.

          Tag:Biblioteca Pública Municipal, Centro Cultural, Contos contados, cultura, Homenaxe, Julia Sobrino, Lectura, Poesía

          • Share:
          prensa

          Previous post

          Horario do transbordador A Guarda – Caminha do martes 20 ao domingo 25 de marzo
          20 March, 2018

          Next post

          O CEIP As Solanas celebra o Día Mundial da Poesía e dos Bosques con «poemas para levar»
          20 March, 2018

          You may also like

          • A Festa das Letras celebra na Guarda as letras galegas en honra ás cantareiras
            12 May, 2025
          • A Guarda pon en valor o patrimonio etnográfico e paisaxístico do Baixo Miño
            6 May, 2025
          • A escola de baile Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
            2 May, 2025

          Search

          Categories

          • General
          • Highways and works
          • Tourism
          • Uncategorized
          • Women

          Rebulindo

          • Móvete (Actividade física)
          • Lemos Xuntos?
          • Dalle ó Play
          • Coñece a vila!
          • A vida é xogo
          • Acion (Formación)
          Logo Concello de A Guarda

          (+34) 986 610 000

          (+34) 986 610 283

          alcaldia@aguarda.es

          MOBILE APP

          You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

          A Guarda IOS application
          A Guarda Android application

          Council

          • Write to the Mayor
          • Schedules of Interest
          • Sede Electrónica

          Información

          • Associations and Groups
          • Phones of interest
          • Emergency Pharmacy

          Recommended

          • Events
          • News

          © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

          • Legal notice
          • Cookies policy
          • Privacy Policy