A Guarda asiste á inauguración da Escola Galega da Auga para optimizar os recursos hídricos
A pasada semana, o concelleiro de Medio Ambiente, Óscar Alonso, e a técnica de medio ambiente acudiron a Santiago de Compostela á inauguración da Escola Galega da Auga.
Foi unha xornada moi prometedora e de contido técnico para mellorar así a calidade da xestión integral dos recursos hídricos a nivel local. A través da Escola Galega da Auga recibirase formación para fortalecer a capacidade de análise e toma de decisións no eido da xestión.
Agardamos sacarlle o máximo proveito a estes novos coñecementos, sobre todo, para facer fronte aos retos futuros do sector relacionados coa adaptación e mitigación do cambio climático.