(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Xerais

    • Home
    • Xerais
    • A Guarda cambia a led todos os puntos de luz do alumeado público

    A Guarda cambia a led todos os puntos de luz do alumeado público

    • Posted by prensa
    • Categories Xerais
    • Date 2 June, 2021

    • O importe desta actuación ascende a 862.497,91 € dos cales o IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía) subvenciona un 80% e o concello un 20 %.
    • En total se actuará sobre 1881 puntos de luz, a renovación de 57 cadros eléctricos, cambios de cableado deteriorado
    • Agárdase unha redución do consumo anual de enerxía eléctrica en 788.695 kWh/ano (67,72 %)
    O concello da Guarda ven de iniciar fai unhas semanas a renovación e mellora da eficiencia enerxética do alumeado público coa substitución de todas as lámpadas do alumeado público municipal por unhas novas de tecnoloxía led, nun proceso que abrangue a todo o municipio.
    O importe desta actuación ascende a 862.497,91 € dos cales o IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía) subvenciona un 80% e o concello un 20 %. Para financiar esta actuación o concello conseguiu acceder directamente a unha axuda europea. Trátase dunha concesión directa de subvención a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
    En total se actuará sobre 1881 puntos de luz, a renovación de 57 cadros eléctricos, cambios de cableado deteriorado, cambios de brazos e caixas de derivación en mal estado e mellora en tomas de terra para dar máis seguridade ao conxunto da instalación.
    Os resultados agardados, dende o punto de vista económico e de aforro enerxético, son unha redución da potencia instalada en 158,53 kW (58,8 %), unha redución do consumo anual de enerxía eléctrica en 788.695 kWh/ano (67,72 %), unha redución do custo anual do consumo de enerxía de 67,7 % o que representa 86.746 € e unha redución no custo de mantemento valorada en 18.810 €.
    Dende o punto de vista medioambiental prodúcese unha importante redución das emisións de CO2, estimada nun 67,72 % o que equivale a que se deixan de emitir 412,87 tCO2 eq/ano. A isto hai que engadir a posibilidade de diminuír a contaminación lumínica grazas a implantación dun sistema de telexestión punto a punto que permite un control da iluminación en función das necesidades.
    O cambio das luminarias do concello da Guarda inflúe directamente sobre ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) ao actuar sobre o clima e a sustentabilidade da comunidade. A súa vez esta actuación é unha das medidas chave do PACES (Plan dos Alcaldes Polo Clima e a Enerxía Sostibles). Plan aprobado polo concello da Guarda o pasado mes de novembro de 2020 no que o concello se compromete, xunto con outros moitos gobernos locais do mundo, a cumprir cuns determinados obxectivos en materia de clima e enerxía.

    Tag:A Guarda, aforro enerxético, eficiencia enerxetica, electricidade, farolas, IDAE, led, PACES

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Informática para nenas/os: formación de balde na Aula CeMIT da Guarda para este verán
    2 June, 2021

    Next post

    Os Galp galegos celebran un seminario sobre Realidade Virtual e Aumentada aplicada aos museos
    2 June, 2021

    You may also like

    • O CSIC busca na Guarda voluntarios para o proxecto XSCAPE-Material Minds
      3 March, 2026
    • Roberto Carrero decide coorganizar desde o Concello da Guarda as Festas do Monte 2026
      23 February, 2026
    • O VIDOC volve á Guarda en marzo para a renovación de DNI e pasaporte
      20 February, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy