A Guarda construirá un circuíto de pumptrack co apoio da Deputación
A Guarda construirá este ano un circuíto de pumptrack co apoio da Deputación. Estará situado ao lado do porto, na zona de Punta Xanete, cuxas instalacións tamén serán melloradas.
O alcalde, Roberto Carrero, e o presidente da Deputación, Luis López, visitaron a futura localización, onde López anunció unha inversión de 60.000 euros da Deputación neste proxecto con cargo ao Plan de Infraestruturas Deportivas.
O alcalde da Guarda destacou que a inversión máis importante é a rehabilitación do espazo polideportivo “cunha rehabilitación integral co cambio da pista e aclimatación, para que a xuventude da Guarda desfrute este espazo comunitario e deportivo”.