A Guarda contará co servizo dos VIDOC da Policía Nacional
A Guarda contará co novo servizo do Vehículo Integral de Documentación (VIDOC).
Estes vehículos teñen a capacidade de expedir o pasaporte e o DNI de forma inmediata, polo que xa non sería necesario achegarse dous días ao Concello para realizar o trámite de renovación do DNI.
Deste xeito, ademais de facilitar a expedición do DNI, A Guarda contará cun novo servizo, a expedición do pasaporte, evitando traslados a outras localidades para estes trámites. Nestas VIDOC tamén se poderán actualizar os certificados dixitais do DNI, xa que contan cun punto de actualización do DNIe portátil.
Está previsto que as VIDOC cheguen á Guarda nos próximos meses, instalándose na Praza do Reló. Ao achegarse a data, informarase dos cambios que supoña respecto o método utilizado ata a data.