(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda contará este Nadal cunha pista de xeo e unha ampla programación de actividades

    A Guarda contará este Nadal cunha pista de xeo e unha ampla programación de actividades

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Xerais
    • Date 21 November, 2018
    A Guarda contará cunha Pista de Xeo, que estará instalada na Alameda da Guarda dende o 18 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2019.

    O Concello da Guarda deu a coñecer onte, nunha reunión co sector do comercio e da hostalaría do municipio, as principais novidades da Campaña de Nadal deste ano 2018.

    A reunión, que se celebrou no salón de plenos e que contou coa asistencia de máis dunha trintena de comerciantes, hostaleiros e representantes de asociacións e colectivos empresariais da vila, estivo encabezada pola Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes e o Alcade da Guarda, Antonio Lomba.

    Montserrat Magallanes quixo aproveitar esta ocasión para recordar aos presentes a forte aposta que dende o Concello da Guarda se está a realizar para dinamizar e promover o comercio e hostalaría, sectores fundamentais para o tecido económico da Guarda e que se distinguen pola súa calidade, a súa diversidade e variedade de servizos. Destacou Montserrat Magallanes que A Guarda é un dos municipios con maior densidade comercial de Pontevedra, o que repercute moi positivamente, xerando recursos, riqueza e emprego.

    A Guarda contará cunha Pista de Xeo, que estará instalada na Alameda da Guarda dende o 18 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2019.A Concelleira de Comercio recordou as campañas de dinamización comercial e de mobilidade que se están levando a cabo ao longo do ano para promover e incentivar o consumo no comercio local, mellorando tamén a profesionalización do sector con iniciativas de formación para os praceiros ou comerciantes a través de cursos e actuacións máis específicas coma Comercio Innova ou Comercio Innova Plus, a Feira de Emprego Tecnoimaxín, etc.

    Tanto o Alcalde coma a Concelleira de Comercio quixeron dar a noraboa ao comercio da vila polo embelecemento dos seus locais comerciais, con novas incorporacións e locais remodelados, así como a súa participación na recente campaña contra a violencia de xénero “A Guarda en Negro – Contra as Violencias”.

    Destacouse tamén nesta reunión a Campaña de Mobilidade “A Guarda todo moi Preto”, onde se sortearon un cento de carros de compra a través dos clientes da Praza de Abastos e tamén se distribuíron entre os comercios os trípticos Metrominuto, con informacións de interese sobre o casco urbano da vila, cos tempos medios para desprazarse entre os principais puntos da Guarda, información que se debe por en valor para sacarlle o máximo partido e crear sinerxias.

    Máis de 13.000 peregrinos en 2018

    Montserrat Magallanes recordou o forte pulo que ten arestora o Camiño Portugués da Costa, con máis de 13.000 peregrinos rexistrados no que vai de ano, unha publicidade internacional moi importante para A Guarda que o comercio e a hostalaría debe e ten que saber aproveitar.

    Pista de xeo para o Nadal 2018

    En canto á Programación de Nadal, o Alcalde da Guarda anunciou que este ano A Guarda contará cunha Pista de Xeo, que estará instalada na Alameda da Guarda dende o 18 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2019. Para a súa promoción a través das empresas locais, todos aqueles comercios que desexen dispor de entradas para a Pista de Xeo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20, terán un desconto especial por adquirir estas entradas de xeito anticipado, tamén se poderán mercar “in situ” unha vez estea instalada a Pista de Xeo na Alameda da Guarda. As entradas estarán dispoñibles xa dende este mércores día 21 de novembro. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.

    A Guarda contará cunha Pista de Xeo, que estará instalada na Alameda da Guarda dende o 18 de decembro ata o 6 de xaneiro de 2019.

    Dende o Concello da Guarda recórdase ao comercio e ao sector hostaleiro o importante esforzo económico que supón traer á Guarda unha Pista de Xeo, polo que piden a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e se poda repetir en vindeiras edicións.

    Coa instalación desta Pista de Xeo preténdese incentivar o consumo e as estancias de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como é o Nadal.

    Ademais da Pista de Xeo A Guarda contará este Nadal con moitas máis actividades e diversión para toda a familia con dúas sesións de teatro para adultos, dúas sesións de cinema infantil, visita do apalpador, catro días de música nas rúas do pobo, campaña de “Decora o teu Nadal” coa colaboración de 10 asociacións, chocolatada na Praza de Abastos, Cabalgata de Reis Magos, Festival de Panxoliñas, dous Concertos de Nadal, Bebeteca e Contos Contados de Nadal na Biblioteca, entre outras actividades.

    Tag:A Guarda, Comercio, Hostalaría, Nadal, pista de xeo

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A Guarda mellora a seguridade peonil cunha nova iluminación nos pasos de peóns
    21 November, 2018

    Next post

    Este venres inaugúrase na Guarda a Exposición de Pinturas «Músicas da Terra»
    22 November, 2018

    You may also like

    • A Agrupación Musical da Guarda continúa cos seus concertos nas parroquias
      27 April, 2026
    • A unidade móbil de ADOS visita A Guarda o martes 28 de abril
      24 April, 2026
    • A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en maio na Guarda
      22 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy