(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda da a benvida a abril cunha ampla programación polo mes do libro

    A Guarda da a benvida a abril cunha ampla programación polo mes do libro

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 1 April, 2022

    • Contacontos, exposicións, presentacións de libros e actividades de rúa para fomentar a lectura neste mes de abril.
    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de presentar as actividades e a programación para o mes do libro 2022 que arrancou xa na xornada deste venres día 1 de abril coa inauguración da Exposición de libros “O Principiño”.
    A Casa dos Alonso foi o escenario elixido para presentar toda a programación a cargo do Alcalde da vila, Antonio Lomba e da Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes. A este acto acudiron tamén representantes das librarías da vila e demais convidados, que puideron participar tamén na inauguración da Exposición de libros “O Principiño”, unha exposición que recolle máis de 250 exemplares de diversas edicións sobre unha das novelas curtas mais importante e a obra mais famosa do escritor e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry.
    Os exemplares expostos do Principiño son propiedade de Chelo Vicente Rodríguez, unha veciña da Guarda que comezou fai xa uns dez anos a coleccionar libros desta obra, a máis traducida do mundo, contando na actualidade con tradución a máis de cincocentos idiomas e 12 dialectos da xeografía española. Chelo comezou esta interesante colección a raíz das viaxes que foi realizando polo mundo, mercando exemplares en diferentes idiomas grazas tamén a formar parte dun grupo de coleccionistas, mercando libros tamén ilustrativos, que poderán contemplar os visitantes que se acheguen á Casa dos Alonso, na primeira exposición pública na que se vai poder ver esta interesante e asombrosa colección de libros do Principiño.
    Sobre o autor falou Paco Vidal, un gran apaixonado da literatura e gran coleccionista tamén de libros, que non desaproveitou esta oportunidade para falar da historia de Antoine de Saint-Exupéry e o que significou e significa para moitas xeracións a obra do Principiño.

    Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, quixo agradecer no acto de inauguración a Chelo Vicente, que dende o primeiro momento se amosou moi receptiva a realizar esta exposición de libros do Principiño e colaborou de xeito moi activo para que a mesma fose unha realidade en moi pouco tempo. Engadiu a Concelleira de Cultura que “é todo un luxo para a cidadanía guardesa, para tod@s, pequenos e maiores poder desfrutar desta exposición na Casa dos Alonso e poder coñecer un pouco máis dun dos libros máis traducidos en todo o mundo. O Principiño sitúase nun lugar destacado nesta programación do Mes do Libro, onde queremos que tod@s se aproximen á lectura coma un elemento de busca da liberdade, do coñecemento, do espírito crítico e tamén “deses breves e incandescentes momentos de felicidade” como soñaba Jorge Luis Borges.
    Para Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, “O pobo da Guarda, dende sempre, deu moita importancia aos libros, isto explica a gran produción e colaboración editorial que se fai dende o concello. Este ano, poder comezar o mes do libro coa exposición sobre O Principiño, é un luxo. Espero que desfrutemos dela grandes e pequenos. E que para elo, nós, os grandes, aceptemos a suxerencia do Principiño e nos acordemos de cando eramos cativos.”

    PROGRAMACIÓN MES DO LIBRO
    O Mes do Libro 2022 na Guarda comeza coa Exposición de libros “O Principiño”, que estará na Casa dos Alonso do 1 ao 10 de abril en horario de 9:00h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h de luns a venres e en horario de 10:00h a 13:00h os sábados.
    A programación continúa este sábado día 2 de abril co Contacontos polo día do libro infantil con “DEDAS” ás 12:00h na Biblioteca Municipal da Guarda(Centro Cultural). DEDAS é un conto ilustrado de 64 páxinas onde agroma a poesía en cada liña. Un libro evolutivo para nenos e nenas de 1 a 6 anos.
    O Contacontos do día 2 estará impartido polas autoras do libro : Soledad García nos textos, Laine Villero a cargo das ilustracións e Natalia Guisande como deseñadora. As tres artistas conforman o proxecto Solaina, unha fusión de arte: palabras, pintura e deseño.
    Para acudir á esta actividade é preciso anotarse previamente no Centro Cultural ou no teléfono 986 61 1850, en horario de 16:00h a 21:00h.
    Este ano decidiuse realizar a II Ruta do Libro, unha actividade na que participan as 4 librarías da vila e na que entregarase un agasallo na Biblioteca Municipal da Guarda a todas as persoas que consuman 30€ nestes establecementos.
    O 9 de abril ás 12:00h a Biblioteca Municipal da Guarda acolle o contacontos “O Principiño en figuras de Luz”, é preciso anotarse previamente no Centro Cultural ou no teléfono 986 61 1850, en horario de 16:00h a 21:00h.
    Xa para rematar a programación do mes do libro 2022, o 23 de abril celebraremos o Día do Libro con descontos especiais nas librarías da Guarda e obsequiarase cunha flor(ata fin de existencias) ás persoas que realicen compras neste día. Ademais contarase de 10:30h a 13:00h cun emblema clásico dos cómics de España, “Mortadelo e Filemón”, que visitarán A Guarda para conmemorar este día facendo un percorrido pola Biblioteca Municipal, as Librarías e as principais rúas da vila.
    Recorda que na Biblioteca Municipal da Guarda habilitarase un mural no que poder deixar a túa pegada con mensaxes ao longo de todo o mes de abril.

    Tag:A Guarda, cultura, mes do libro

    • Share:
    prensa

    Previous post

    O Concello da Guarda ilumínase de cor azul polo Día do Autismo
    1 April, 2022

    Next post

    O Concello da Guarda segue a traballar no seu Programa de compostaxe doméstico
    4 April, 2022

    You may also like

    • O Centro Cultural acolle a estrea da película amateur “Héroes del medallón”
      22 May, 2025
    • O alumnado do CEIP As Solanas ofrece un contacontos moi especial este sábado
      20 May, 2025
    • A película “Honeymoon” chega á Guarda para iniciar o ciclo de cinema “made in Galicia”
      19 May, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy