A Guarda da coñecer esta semana o Plan de Compostaxe con dúas charlas
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, da a coñecer esta semana o Plan de Compostaxe Municipal á cidadanía guardesa con dúas charlas, que terán lugar o mércores día 18 de novembro ás 17:00h no local da Entidade Local Menor de Camposancos e o xoves día 19 de novembro ás 10:00h no Salón de Plenos do Concello da Guarda.
O obxectivo destas charlas informativas, abertas a todo o público, é o de dar a coñecer o Plan de Compostaxe Municipal, que está a por en marcha o Concello da Guarda. Para iso, explicarase que é a compostaxe e como se fai, ademais de resolver dúbidas e cuestións e darlles a aqueles que queiran, a oportunidade para solicitar un composteiro doméstico para poder avanzar nos obxectivos de preparación para a reutilización e reciclado que marca a normativa tanto Europea como Estatal.
Para asegurar o cumprimento das medidas de hixiene e seguridade vixentes é preciso realizar unha inscrición previa para ambas charlas, ben a través do enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es ou a través do teléfono 986 61 0000.