(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda énchese de música blues na vindeira fin de semana

    A Guarda énchese de música blues na vindeira fin de semana

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 16 July, 2021

    • O Festival “A Guarda Mar de Blues” chega á vila do 23 ao 24 de xullo na Praza do Reló da man da Asociación River Bucks.
    • É preciso inscribirse nas actividades previamente en centrocultural@aguarda.es

    Na vindeira fin de semana, o venres 23 e o sábado 24 de xullo a Praza do Reló da Guarda será o escenario para a primeira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, co cal A Guarda quere ampliar o seu interese turístico cultural, ofrecendo deste xeito á súa veciñanza e visitantes a oportunidade de ver en directo artistas e bandas de calado internacional dentro do panorama musical do xénero blues.

    O pasado xoves 15 de xullo o evento presentouse ante os medios de prensa no Salón de Plenos, contando coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; o Concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e o representante da Asociación River Bucks, Óscar Martínez.

    “A Guarda Mar de Blues” nace a partir desa idea, a de facer da Guarda non só un lugar con atractivo turístico e gastronómico, senón tamén cultural, ao redor da música en directo.

    “A Guarda Mar de Blues” terá lugar na Praza do Reló o pé da torre que formaba parte da antiga muralla medieval que foi reedificada en 1730. Un recuncho máxico onde o Blues, Soul,… farán resoar as súas ancestrais pedras e gozar os días 23 e 24 de Xullo.

    Nesta primeira edición será un grupo moi reducido de persoas as que poidan asistir ao evento debido á situación pandémica e que poderán desfrutar en directo de artistas internacionais como Marcos Coll & Javier Turner, The Peter Storm & The Blues Society e Jay Doe & The Blues Preachers.

    Na xornada do venres 23 de xullo ás 20:30 realizarase a apertura de portas e os asistentes poderán gozar a partires das 21:00h da música de Marcos Coll & Javier Turnes e The Peter Storm & The Blues Society.

    Na xornada do sábado 24 de xullo realizarase unha masterclass ás 12:00h a cargo de Marcos Coll, que estará especialmente adicada aos máis cativos e na que poderán aprender a usar unha armónica. Xa pola noite o recinto de concertos abrirá ás 20:30h e a apartires das 21:00h os asistentes gozarán dos concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e de Jay Doe & The Blues Preachers.

    O evento é totalmente gratuíto, organizado dende as concellerías de Cultura e Turismo do Concello da Guarda en colaboración con River Bucks Asociación Cultural , Cervezas Alhambra e Hohner Music.

    As inscricións están abertas a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es indicando os nomes e apelidos dos asistentes, ás actividades ás que desexen inscribirse e un número de teléfono de contacto.

    PROGRAMA
    Venres 23
    20:30h – Apertura de portas
    21:00h – Inicio dos Concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e The Peter Storm & The Blues Society.

    Sábado 24
    12:00h – Masterclass a cargo de Marcos Coll
    20:30h – Apertura de portas
    21:00h – Inicio dos Concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e de Jay Doe & The Blues Preachers.

    Video promocional: https://youtu.be/1B9TIvbCwZA

    Sobre os artistas

    MARCOS COLL
    Un dos maiores representantes do BLUES nacional e internacional, Fundador xunto a Adrián Costa dos míticos Los Reyes del KO. Músico que colabora con infinidade de bandas gravando discos ou subindo con elas o escenario. Un domador de armónicas e representante da marca Hohner Music, que tocou xunto a lendas do BLUES como: Buddy Miles, Mick Taylor Buddy Guy, ChuckBerry, Johnny Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, TheAnimals o los Fabulous Thunderbirds.

    JAVIER TURNES
    Músico que leva mais de vinte anos nos escenarios, principalmente a fronte da Bakin Blues Band, banda compostelana que tocou xunto agrandes nomes do blues, soul e rhythm’and’blues como: BarbaraLynn, Bonney Fields, Greg Izor, Edu Bighands, Trudy Lynn, Marcos Coll ou Emilio Arsuaga. Tamén dirixe o festival internacional de blues “Fisterra Blues Experience” co cal o “A Guarda Mar De Blues” está irmanado.

    JAY DOE & THE BLUES PREACHERS
    Jay Doe é un veterán músico e estudioso do Blues que en 2018 tras anos de andanzas en solitario xúntase cos Blues Preachers, un compendio de experimentados músicos procedentes de bandas como: Dr. Hello, Cool Funeral, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Cresta, The Bluesfellas, Monk BluesBand… “Jay Doe & The Blues Preachers” é puro blues, o cal sempre aderezan cunha dose de Rythm and blues, country e jazz.

    Tag:A Guarda, a guarda mar de blues, concertos, cultura, Música

    • Share:
    prensa

    Previous post

    A praia do Muíño xa luce o distintivo de Bandeira Azul
    16 July, 2021

    Next post

    O Concello da Guarda renunciou ao distintivo Bandeira Azul na praia de Area Grande ante a imposibilidade de cumprir co compromiso de dous socorristas durante toda a semana
    18 July, 2021

    You may also like

    • A Agrupación Musical da Guarda continúa cos seus concertos nas parroquias
      27 April, 2026
    • O coro Cantábile actuará no I Festival Sons de Salcidos
      22 April, 2026
    • Este sábado estréase na Guarda a película ‘La red’ de BoscoVision ProduCinema
      20 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy