A Guarda festexa o Samaín con actividades para todas as idades
- Será na xornada do martes día 31 de outubro na Praza do Reló.
A Guarda celebra o Samaín cunha xornada festiva para todas as idades que terá lugar o martes día 31 de outubro na Praza do Reló, que será o epicentro das celebracións.
As actividades programadas para esta ocasión especial están divididas en dúas partes. Á tarde, entre as 17:00h e as 19:00h, terá lugar unha sesión especialmente deseñada para os máis pequenos e para as familias. Nesta parte, animadores percorrerán as rúas do centro en busca dos cativos que saen a pedir caramelos, e interactuarán con eles, propoñéndolles retos divertidos e proporcionando entretemento.
A partir das 19:00h, a atención centrarase na Praza do Reló. Neste lugar, haberá máis animación infantil e sesións de baile ata as 20:00h. A Praza do Reló será o escenario perfecto para que os máis cativos desfruten dunha festa inesquecible e se divirtan coas súas familias.
A partires das 22:00h chega o momento para os máis maiores cunha sesión DJ coas mellores músicas do momento.
Non perdas a oportunidade de participar nesta celebración do Samaín en A Guarda, onde a diversión e a alegría están garantidas para todas as idades.