A Guarda homenaxea a Brasilino Álvarez, o último alcalde republicano da vila
A ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e da Fosa Común de Sestás organiza un acto en colaboración coa Sociedade Filatélica e Numismática e o Concello, para recordar a memoria de Brasilino Álvarez (1894 – 1936), último alcalde republicano da Guarda. Terá lugar o vindeiro sábado, 15 de xuño, ás 12:00 horas no lugar da Figueira, barrio da Cruzada, na Guarda.
A data, 15 de xuño, coincide co día no que Brasilino tomaba posesión do seu cargo en 1936, ano no que sería executado pola dictadura franquista por defender os seus ideais e ser leal á República.
No lugar onde estaba a casa na que naceu, no barrio da Cruzada, colocarase un monolito e unha placa para honrar a súa memoria. Ao remate do acto, que comezará ás 12:00 horas, a soc. Filatélica e Numismática obsequiará ás personas asistentes cunha postal e un selo conmemorativos.