A Guarda mellora as instalacións deportivas do Pavillón Municipal de Deportes
O Concello da Guarda ven de realizar diversas accións nas instalacións deportivas do Pavillón Municipal da Sangriña, de cara a mellorar a imaxe e facilitar o traballo dos deportistas que empregan as mesmas.
Deste xeito realizouse a adaptación destas instalacións ao protocolo Covid-19 marcado pola Xunta de Galicia, coa sinalización dos accesos e percorridos para respectar as distancias de seguridade, así coma a disposicións de hidroxel.
Tamén se realizou un pintado integral das instalacións interiores do pavillón, gradas, zonas comúns, oficinas, vestiarios, etc.
Dentro destas accións tamén se realizou unha revisión xeral da instalación eléctrica e substitución e mellora das luminarias da pista de xogo.
Nestes intres estase a executar as obras de ampliación das gradas mediante unha nova grada portátil que permitirá a colocación de arredor de 80 persoas, cumprindo cos novos protocolos de distanciamento e medidas sanitarias pola Covid-19.