(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A Guarda pecha o seu Entroido con rúas ateigadas de xente para gozar do Desfile-Concurso

    A Guarda pecha o seu Entroido con rúas ateigadas de xente para gozar do Desfile-Concurso

    • Posted by Concello
    • Categories Cultura
    • Date 22 February, 2016

    Nenos, nenas e maiores vestiron a vila dun gran colorido. Na Alameda entregáronse os premios aos mellores disfraces.

    O sábado, 20 de febreiro, A Guarda puido, ó fin, gozar do seu Desfile-Concurso de Entroido despois de ser aprazado con anterioridade por motivos meteorolóxicos.

    Ás 17,30 horas, puntualmente e coas rúas xa ateigadas de veciños e veciñas con ganas de gozar do desfile, comezaron a saír os primeiros participantes dende a Esquina Famosa. Con música, baile e cor, os participantes pintaron as rúas guardesas no seu percorrido ata a Alameda.
    Bonecos de neve, xoguetes de Lego ou todas as personaxes de Star Wars se pasearon ante a atenta mirada dos guardeses.

    O desfile, subvencionado pola Deputación de Pontevedra, durou aproximadamente unha hora, momento no que o xurado deliberou as súas puntuacións para conceder os distintos premios.

    Así, no palco da Alameda, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba cun extravagante traxe e a Concelleira de Cultura, Elena Baz, vestida de Frida Kahlo, xunto cos membros do xurado e a técnico de Cultura, Teresa Espejo, comezaron a repartir os premios económicos aos participantes.

    Na categoría “Individual-Infantil” o primeiro clasificado foi “El azteca del Jaguar” que presentaba un vistoso traxe. Ademais se premiou a “Cobra”, á “Lavandeira”, aos “Búhos”, ás “Mariposas” e á “Tuna Rebeca”.
    No grupo de Individual “Xuvenil-Adulto” os gañadores resultaron ser en primeiro lugar “Dama de las tinieblas” e en segundo posto “Trancas e Barrancas”.

    Na categoría de grupos os premiados foron “Los guardianes de hielo y agua”.

    Entre as tres comparsas participantes o xurado tivo que quedarse con dúas. Así decidiron que o segundo premio fora para “Lego Circo”, comparsa formada tanto por nenos coma por adultos disfrazados de bonecos lego. Os participantes afirmaron que con este disfrace, feito a man, o que buscaban era transmitir a infancia pasada.

    Os primeiros clasificados foron “Star Wars”, comparsa formada por quince nenos e nenas. Aquí estaban representados todos os protagonistas deste famoso filme de aventuras no espazo.

    Por último se entregaron os premios ás carrozas. A segunda clasificada foi “El Lerere”, carroza inspirada na familia Flores. Estaban representados tanto Lola Flores, coma El Pescadilla, Lolita, Rosalio y Antonio Flores. A música que acompañaba á carroza eran cancións destes artistas, abaixo bailando, numerosas rapazas vestidas de andaluzas.
    E o vencedor nesta categoría foi a carroza “Habelas hailas” dos Terribles de tebra. Uns corenta participantes, entre nenos e adultos, todos vestidos de meigas percorreron as rúas da Guarda, bailando e cantando. Ademais na súa carroza un móbil facía que tres destas meigas simularan voar subindo e baixando unha plataforma.

    Con esta entrega de premios A Guarda pechou un Entroido no que se levaron a cabo moitas e moi variadas actividades. Así, antes do colofón do desfile-concurso, xa se celebrara unha festa infantil, concertos para todos os públicos, contacontos e obradoiros para nenos e unha foliada da man de “Os Monifates”.

    O Concello da Guarda quere agradecer a todos os veciños e veciñas da vila a súa participación neste Entroido.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    Melchor, Gaspar e Baltasar reciben aos nenos e nenas da Guarda
    22 February, 2016

    Next post

    O OBRADOIRO “PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA” ESTARÁ PRESENTE NA “V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS” QUE SE CELEBRARÁ O 24, 25 E 26 DE XULLO NA GUARDA
    8 July, 2015

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy