A Guarda recibíu 74.842,73€ na Liña 2 do Plan Concellos 2018
O Concello da Guarda recibiu axudas por un valor total de 74.842,3€ con cargo á Liña 2 de Gasto Corrente Novo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
En concreto estas axudas destináronse a diferentes actividades como o evento musical Noites No Castelo, cunha axuda por valor de 7.000€; o Campus Deportivo de Verán, cunha axuda por valor de 2.974€; a Exposición Así Somos, cunha axuda por valor de 8600€; o Calendario de Andainas 2018, cunha axuda de 2885€; Diversas actividades Culturais, por valor de 14,200€; as Visitas Teatralizadas, por valor de 5,000€; a Feira de Emprego e Formación Tecnoimaxín, cunha axuda por valor de 4,000€; a Feira do Libro 2018, cunha axuda por valor de 3,000€; o evento multicultural Galifornia Beat!, cunha axuda por valor de 4,000€: material turístico, cunha axuda por valor de 5,000€; a Campaña de Mobilidade A Guarda todo moi preto, cunha axuda de 5,000€; a Campaña de Dinamización do Comercio, cunha axuda por valor de 4,042,73; a Tirada de Fogos de luces das Festas do Monte 2018, cunha axuda por valor de 7.000€ e a celebración da XI Gala do Deporte, cunha axuda por valor de 2,141€.