(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Turismo

    • Home
    • Turismo
    • A Guarda remata o 2023 con máis de 10.000 persoas atendidas na Oficina de turismo

    A Guarda remata o 2023 con máis de 10.000 persoas atendidas na Oficina de turismo

    • Posted by Turismo A Guarda
    • Categories Turismo
    • Date 28 December, 2023

    A Concellería de Turismo realiza unha valoración positiva dos datos de visitantes, turistas e peregrinos ao longo deste 2023.

    Durante este ano foron atendidas na Oficina de Turismo máis de 10.000 persoas interesadas en coñecer que visitar na Guarda e arredores, sendo entre todos os nosos activos, o Monte de Santa Trega a consulta máis numerosa de todos os que nos visitan.

    No verán as consultas sobre as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega e as saídas de navegación na embarcación do Piueiro foron as actividades máis demandadas polos visitantes e, mesmo os veciños.

    Segundo os datos recollidos ao longo destes meses, pódese aportar información máis detallada sobre a tipoloxía de visitantes e turistas. Concretamente, o 40% das persoas que visitaron a Oficina de Turismo encontrábanse aloxadas na nosa vila, sendo as estancias máis longas durante os meses de verán. Unha gran porcentaxe dos turistas foron de orixe nacional, con procedencia maioritaria de Madrid e Castilla e León, seguidos de País Vasco e Andalucía, destacando o aumento dos visitantes destas comunidades autónomas respecto a outros anos. Os visitantes internacionais foron maiormente peregrinos, coa excepción de portugueses e franceses, nacionalidades que cada vez máis decántanse pola nosa vila como destino. Destacar tamén que, cerca do 10% dos visitantes e turistas repetiron a súa visita a nosa vila.

    Durante o 2023 a Oficina de turismo ampliou o seu horario e datas de apertura co obxectivo mellorar a atención dos peregrinos. A previsión para 2023 era dun incremento notable de peregrinos, confirmándose co número de 4.000 peregrinos atendidos na Oficina durante este ano. Estes datos non fan máis que afianzar a importancia da Guarda no Camiño Portugués da Costa. As consultas dos peregrinos na Oficina foron principalmente para selar o seu credencial ou realizar algunha consulta sobre o camiño ou a nosa vila. Ademais da atención presencial, foron constantes as consultas por teléfono ou mail con obxeto de organizar con anterioridade a peregrinación de todos aqueles que se decatan polo Camiño pola Costa.

    Durante o 2023 o albergue municipal de peregrinos estivo aberto dende o 17 de xaneiro ata o 17 de decembro, dando aloxamento a máis de 4.000 peregrinos. O crecemento deste camiño queda acreditado polos datos da Oficina de Peregrinos en Santiago de Compostela rexistrando a máis de 53.000 peregrinos que recolleron a súa Compostela, antes dos datos finais de peche de ano. En 2022 os peregrinos rexistrados en Santiago estiveran aoredor dos 30.000, polo que a evolución deste camiño é evidente, incrementando a chegada en máis de 20.000 peregrinos durante o 2023.

    O Monte Santa Trega, tal e como se comentou, pódese afirmar que segue a ser o recurso máis destacado da Guarda, mantendo os visitantes anuais, destacando a boa acollida das visitas guiadas do verán centradas no Castro de Santa Trega. Tamén houbo un incremento notable das visitas didácticas concertadas para os centros escolares e tamén para adultos. Mostra deste interese son as reservas para este tipo de visitas realizadas por colexios para a segunda quincena de febreiro do vindeiro ano. O MASAT, Museo de Santa Trega, pechará o día 30 de decembro reabrindo a suas portas o vindeiro 15 de febreiro.

    Esta valoración positiva dos datos tamén se reflexou na boa acollida, relativa a visitantes e racións vendidas, da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na súa edición XXXI. O bo resultado en 2023 é un alicente para a organización da vindeira edición que terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo de 2024.
    Co fin de modernizar e dar un novo aire en outono lanzouse unha nova imaxe e slogan para a promoción da Guarda así como unha web con mapas dixitais que ofrecen rutas e recursos para visitar.

    Por último, destacar que a Axencia de Turismo repetiu a iniciativa da iluminación de edificios emblemáticos dos Camiños a Santiago coa frecha amarela durante estas semanas do Nadal. A Guarda como o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa conta coa frecha amarela iluminando a nosa Torre do Reló.

    Tag:A Guarda, A Guarda é o teu destino, camiño portugués da costa

    • Share:
    Turismo A Guarda

    Previous post

    A programación de Nadal na Guarda se centra nos pequenos e pequenas da casa
    28 December, 2023

    Next post

    A Cabalgata de Reis na Guarda estrea itinerario e formato neste 2024.
    30 December, 2023

    You may also like

    • A Guarda consolídase como destino turístico coa aposta pola promoción do alcalde Roberto Carrero
      10 February, 2026
    • A Guarda está presente en FITUR 2026 como parte da promoción turística da vila
      23 January, 2026
    • O albergue municipal da Guarda recupera a súa actividade este venres 16
      15 January, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy