A Cabalgata de Reis na Guarda estrea itinerario e formato neste 2024.
A piques de comezar o 2024 A Guarda se prepara para despedir o ano vello e comezar a primeira semana do ano novo mantendo a programación infantil e preparando con moito agarimo a ansiada Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro, que neste 2024 incorpora novidades no seu percorrido e e formato.
O percorrido da Cabalgata neste Nadal arrancará ás 18:00h. dende o Porto da Guarda, para subir pola Rúa Concepción Arenal ata finalizar na Praza de Avelino Vicente, sendo na carpa instalada nesta praza onde os Reis realizarán a tradicional Recepción aos nenos, para escoitar os seus desexos nesta noite tan especial para eles.
Os Reis Magos serán acompañados no seu percorrido polos grupos de gaitas da 3ªIdade e Do Lusco ó Fusco e polo grupo de baile Dansá, que amenizarán e embelecerán este percorrido.
Co fin de favorecer a organización do tráfico e a seguridade dos asistentes que se queiran achegar, a rúa Concepción Arenal e as rúas do seu entorno sufrirán cortes de tráfico a partir das 17.30h. Nos vindeiros días publicarase o detalle das restricións de tráfico.
Tag:Cabalgata, Nadal 2023, Reis Magos