A Guarda sigue avanzando na protección a mulleres vítimas de violencia de xénero a través do sistema Vioxén
• Vioxén ten coma obxectivo dar competencias á Policía Local en materia de protección ás vítimas de violencia de xénero
O concello da Guarda reuniuse este xoves coa Xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para tratar diversos temas relativos ao “Sistema Vioxén”, polo cal a Policía Local tería competencias na protección das vítimas de violencia de xénero.
Na reunión estiveron presentes Manuela Villaboy, xefa da Unidade de Violencia de Xénero de Subdelegación do Goberno de Pontevedra; o alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, o xefe accidental da Policía Local e a directora do CIM da Guarda, Yolanda Villaverde.
O Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioXén), da Secretaría de Estado de Seguridad del Ministerio del Interior, realiza o seguimento e a protección das mulleres vítimas de violencia de xénero e das súas fillas e fillos.