A langosta, Moncho Borrajo e Luis Zahera os pratos fortes da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira chega súa XXIX edición cunha destacada programación onde os humoristas e a música de fusión serán os protagonistas xunto coa raíña da festa, a langosta.
Os días 5, 6 e 7 de xullo o porto da Guarda será o escenario da festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a langosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos e do viño Denominación de Orixe do Rosal.
MONCHO BORRAJO será o pregoeiro desta edición que arrancará o venres ás 21.00h na Praza do Reló. O actor, humorista e showman galego que leva case 50 anos facendo rir nos escenarios nacionais tamén presentará o seu espectáculo “Borrajo Perdido” na carpa trala apertura da carpa.
O sábado será a cita para LUIS ZAHERA, recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto. O actor ofrecerá o seu espectáculo “CHUNGO”xa que ofrece as súas vivencias vitais que o levaron a interpretar papeis raros ou de pouco listo.