A OMIX da Guarda organiza actividades de ‘Tardeo’ coas asociacións da vila
A OMIX do Concello da Guarda coordínase de novo con asociacións da vila para organizar obradoiros de “Tardeo” e dinamizar así o ocio con diferentes actividades de balde para xente nova.
Os obradoiros son:
- BASURALEZA: sábado 20 de setembro, 10:00-13:00 horas. Sede Cruz Vermella
- COMBATE ESCÉNICO: venres 3 de outubro, 18:00-20:00 horas. Con FOCO no Centro Cultural.
- Aplicacións en CROCHET: sábado 11 de outubro, de 16:00-18:00 horas. Sede Vento Mareiro no Albergue.
- Masterclass DANZA ACROBÁTICA: sábado 18 de outubro, de 17:00 a 18:30 horas. Con Dansá no Recreo Artístico Guardés.
- CADROS CON AREA DE CORES: sábado 25 de outubro, de 11:00 a 13:00 horas. Coa Asociación Virxe da Guía na Aula do Concello.
As actividades son todas de balde dirixidas principalmente a persoas de entre 14 e 30 anos, aínda que se quedan prazas libres poderán ocuparse por poboación doutros tramos de idade.
Para a inscrición nunha ou en varias das actividades, só hai que mandar un correo electrónico a informacion@aguarda.es co nome, teléfono, mail e as actividades nas que se quere participar por orde de preferencia. As inscricións pechan os luns antes de cada actividade.
Agás para a actividade de basuraleza deste sábado que debe facerse a inscrición a través do seguinte enlace: https://url-shortener.me/5724



