A OMIX da Guarda prepara un obradoiro audiovisual
A OMIX da Guarda, a través do Fondo Galego de Solidariedade, organiza un obradoiro audivisual para elaborar vídeos breves, dirixido á mocidade entre os 15 e os 35 anos.
As persoas que participen deberán achegarse cos seus móbiles e/ou outros dispositivos de gravación (se os teñen). O traballo realizarase en grupo polo que non será preciso un móbil por persoa.
A actividade durará 3h aproximadamente e vai estar enfocada na creación audiovisual, co obxectivo de que desa mañá saian unha serie de vídeos que se poidan presentar ao concurso https://waterofthefuture.org/video-challenge
A xornada levarase a cabo o día 18 de xullo ás 10 da mañá nun aula municipal do Concello da Guarda. A inscrición levarase a cabo a través da OMIX do Concello da Guarda no mail informacion@aguarda.es