(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • A programación do Nadal continúa esta semana na Guarda con actuacións, obradoiros e concertos

    A programación do Nadal continúa esta semana na Guarda con actuacións, obradoiros e concertos

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 14 December, 2021

    • O xoves 16 Concerto de Nadal do Conservatorio, o venres 17 actuación de “Los muñecos de la tele” e un Obradoiro de nadal, o sábado 18 Concerto Cantos de nadal e o domingo 19 Concerto de panxoliñas
    • O domingo 19 celebrarase a conmemoración do centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal

    A programación do Nadal 2021 continúa esta semana na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con actuacións infantís, obradoiros e concertos.

    Na xornada do xoves día 16 de decembro o Centro Cultural da Guarda acolle a partires das 20:00h o tradicional Concerto de Nadal dos grupos de corda do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, un concerto que sempre enche de ilusión aos xoves músicos guardeses e ao que acoden os seu familiares para presenciar os avances realizados na súa formación musical. De feito, en virtude do protocolo de prevención pola COVID-19 este ano o aforo está reservado só a familiares.

    O venres día 17 de decembro ás 17:30h terá lugar o espectáculo infantil “Los Muñecos de la tele”, unha actividade organizada pola Asociación Studio 88 en colaboración co Concello da Guarda e para o que é preciso reservar entradas previamente no teléfono 606 54 06 73.

    Tamén este venres ás 18:30h a OMIX da Guarda acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, as prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext. 7.
    Xa na xornada do sábado día 18 de decembro, a Praza de Avelino Vicente(As de Copas) acolle ás 12:00h o evento musical Cantos de Nadal, coa participación dos grupos de pandereteiras locais Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e Do Lusco ó Fusco.
    Para rematar a semana, na xornada do domingo día 19 de decembro ás 12:30h realizarase o acto de conmemoración do Centenario do Lavadoiro da Fonte da Cal, un acto que contará con actuacións musicais e que terá lugar fronte ao propio Lavadoiro.

    Pechando a xornada ás 17:30h a Igrexa Parroquial acolle o tradicional Concerto de Panxoliñas, un evento musical organizado pola Coral Polifónica Guardesa en colaboración co Concello da Guarda e no que actuarán, ademais da citada coral, a Coral da Terceira Idade, o Grupo Antorcha e Coro Cantábile da Guarda.

    Ademais o venres 17 e sábado 18 todos os que visiten a Praza de Abastos en horario de mañá poderán ver os produtos da Mostra Creativa de Nadal, trátase dunha das accións comerciais dentro da Campaña de Nadal 2021/22 coa finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxias nunha Mostra na que participan 8 creadores, artesás, deseñadores do Baixo Miño, con stands na Praza de Abastos da Guarda .

    AXENDA DE NADAL

    XOVES 16 DE DECEMBRO
    20:00h Centro Cultural
    CONCERTO DO CONSERVATORIO

    VENRES 17 DE DECEMBRO
    9:00h – 14:00h Praza de Abastos
    Mostra Creativa de Nadal
    17:30h Centro Cultural
    Actuación infantil “Los Muñecos de la Tele”
    Reserva de prazas no 606 540 673.
    18:30h Casa dos Alonso
    Obradoiro “Reutilizando Abelorios”
    Inscrición previa en Omix

    SÁBADO 18 DE DECEMBRO
    9:00h – 14:00h Praza de Abastos
    Mostra Creativa de Nadal
    12:00h Praza Avelino Vicente
    CANTOS DE NADAL
    Coas pandereteiras Coiro Vello, Carainas, Paliqueiras e do Lusco ó Fusco

    DOMINGO 19 DE DECEMBRO
    12:30 Fonte da Cal
    Conmemoración centenario Lavadoiro da Fonte da Cal
    17:30h Igrexa Parroquial
    CONCERTO DE PANXOLIÑAS
    Coa participación de Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Terceira Idade, Grupo Antorcha e Coro Cantabile
    Organiza: Agrupación Polifónica da Guarda

    MARTES 21 DE DECEMBRO
    18:00h Praza do Reló
    Concerto de nadal de vento e coro dos alumnos do conservatorio
    *En caso de choiva se suspende

    DO 22 AO 24 DE DECEMBRO
    ELFOS DE NADAL polas rúas da Guarda
    Horario: 22 e 23 de 17:00h a 20:00h
    24, de 11:30h A 14:30h

    MÉRCORES 22 DE DECEMBRO
    18:00h Casa dos Alonso
    Obradoiro de Canto Moderno
    Canta con voz Propia
    Para tódolos públicos(entrada libre)

    XOVES 23 DE DECEMBRO
    De 16:00h a 19:00h Praza de Avelino Vicente
    “GADALKA” a cargo do Mago Dani
    Espectáculo de maxia individualizada por familias

    MARTES 28 DE DECEMBRO
    18:00h Centro Cultural
    “Little neno descobre a… Os Beatles”, de A Reixa Produccións
    Reserva de entradas en eventbrite.es

    MÉRCORES 29 DE DECEMBRO
    20:30h Centro Cultural
    “Ventos de Nadal”, grupos seccionais da Agrupación Musical da Guarda

    XOVES 30 DE DECEMBRO
    18:00h Centro Cultural
    TITIRICIRCUS, con Tanxarina Títeres
    Reserva de entradas en eventbrite.es

    VENRES 31
    13:00h Pasarrúas polo centro da vila
    O Apalpador chega á Guarda
    Organiza Deputación de Pontevedra

    DO 3 AO 5 DE XANEIRO
    CARTEIROS DO NADAL polas rúas da Guarda
    Horario: 3 e 4 de 17:00h a 20:00h.
    5, de 11:30h. A 14:30h.

    MARTES 4 DE XANEIRO
    17:30h Alameda
    CIRCO RASNOVARAK, con Troula Animación
    Espectáculo de rúa con animais xigantes

    MÉRCORES 5 DE XANEIRO
    12:00h Pavillón Municipal da Sangriña
    Partido Benéfico de Balonmán entre Atl. Guardés e BM Porriño
    Recollida solidaria de alimentos non perecedoiros

    Visita dos Reis Magos con paseo polas principais rúas da localidade.

    Enlace para inscrición de eventos en eventbrite.es:
    https://www.eventbrite.es/o/concello-da-guarda-35370803503

    Tag:A Guarda, cultura, Nadal, programación

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Comunicado do Equipo de Goberno do concello da Guarda en relación as declaracións da directiva do Atl. Guardés de balonmán
    14 December, 2021

    Next post

    Informacións xerais sobre o coronavirus COVID-19
    15 December, 2021

    You may also like

    • A Guarda presenta un libro que recolles as postais da vila ata 1940
      13 June, 2025
    • O novo autor guardés Ángel Martínez presenta o seu segundo libro na Casa dos Alonso
      11 June, 2025
    • Víctor Rey expón na Guarda pinturas sobre paisaxes da nosa costa
      11 June, 2025

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy