(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • A superliga Galicia de futevolei chega a A Guarda o 11 de xullo

    A superliga Galicia de futevolei chega a A Guarda o 11 de xullo

    • Posted by prensa
    • Categories Deporte
    • Date 19 June, 2021

    • O Club Futevolei Vigo presentou, nas instalacións de Celtamotor, a nova
    edición da Superliga Galicia que disputarase en catro sedes este verán 2021.
    • O presidente do club, Germán Martínez, realizou a presentación xunto á tenente de
    alcalde da Guarda, Montse Magallanes, e o concelleiro de deportes do Concello de
    Nigrán, José Luis Sanromán.
    • As inscricións continúan abertas en futevoleivigo.com e a través das súas redes
    sociais Instagram e Facebook.

    Este venres presentouse, nas instalacións da empresa Celtamotor, patrocinador do Club Deportivo Futevolei Vigo, a nova edición da Superliga Galicia de Futevolei. Participaron no acto a tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes, o concelleiro de deportes de Nigrán, José Luis Sanromán, o presidente do Club Futevolei Vigo, Germán Martínez e patrocinadores da liga.

    Nesta edición, que iniciarase o 27 de xuño, a novidade principal é a incorporación das novas
    instalacións de fútbol praia do Concello da Guarda. Así mesmo, o Concello de Nigrán celebrará a fase final do campionato autonómico durante tres días na praia de Panxón, que incluirá partidos nocturnos.

    Así, o campionato desenrolarase en catro etapas. A primeira delas, na praia de Samil o próximo 27 de xuño, celebrándose o segundo campionato puntuable nas novas instalacións do Codesal da Guarda na fin de semana do 11 de xullo. O terceiro campionato puntuable xogarase o domingo 18 de xullo nunha das praias do Salnés. A liga xogase cun formato de ranking dividido en dúas categorías: primeira e segunda división. As parellas participantes puntuarán nos tres primeiros campionatos, tratando de clasificarse para a superfinal de Nigrán que se celebrará nun espectacular evento os días 27, 28 e 29 de agosto. Alí encontraranse os mellores xogadores que loitarán por obter o título de campión galego.

    Tamén no acto, o presidente do Club Deportivo Futevolei Vigo, Germán Martínez, fixo referencia ás dificultades para a práctica do deporte que se teñen sufrido no último ano e á mensaxe que o club quere transmitir de vida saudable e deporte, desfrutando dos espectaculares paisaxes, gastronomía e areais das Rías Baixas, o Baixo Miño e de toda a costa galega en xeral. “Trala cancelación da edición 2020 debido á pandemia e grazas ao apoio de todos, saímos reforzados e agardamos récord de participantes nesta edición con xogadores de toda Galicia, doutras comunidades e incluso do norte de Portugal” engadiu o directivo, que destacou o comportamento exemplar de xogadores e patrocinadores fronte á situación da pandemia e que apostan por un deporte que cada ano crece máis nas praias galegas.

    As inscrición continúan abertas para quen desexe participar en algún dos campionatos na web do club www.futevoleivigo.com e contactando a través das súas redes sociais para máis información.

    Tag:A Guarda, Deporte, futvolei

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Aforra auga gota a gota
    19 June, 2021

    Next post

    Continúan abertas as dúas convocatorias de axudas dirixidas a negocios do Concello da Guarda
    21 June, 2021

    You may also like

    • A Guarda celebra o III Torneo Internacional de Judo Infantil Santa Trega
      30 April, 2026
    • Este domingo dispútase o III Trofeo Ciclista Aser Estévez na Gándara
      16 April, 2026
    • O Monte Trega decidirá este sábado o gañador do Gran Camiño
      15 April, 2026

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy