A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 21 e sábado 22 de agosto
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 21 e sábado día 22 de agosto.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 21 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 22 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.
Web: ados .sergas.es
Teléfono gratuíto: 900 100 828
e-mail: doadoressangue . ados @sergas.es
Tag:A Guarda, ADOS, doa sangue, unidade móbil