A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos estará en maio na Guarda
A unidade de móbil de inspección técnica de vehículos (itv) instalarase na Estación de Servizo de San Roque (A Guarda) no próximo mes de maio.
Desde o día 18 ata o 29 de maio realizaranse inspeccións técnicas de TURISMOS en horario de 9:00 a 13:30 horas e pola tarde de 15:15 a 18:00 horas; agás o día 29 que só atenderá pola mañá.
O día 19 de maio tamén se realizarán inspeccións técnicas de CICLOMOTORES no mesmo horario.
Para pedir cita previa, pode ser a través do teléfono 981 92 80 80 ou pola páxina web sempre con máximo de 30 días de antelación.


