Aberta a inscrición para participar na IV Reunión Atlética Solidaria
A IV Reunión Atlética Solidaria celébrase o próximo domingo, 27 de decembro, no Porto da Guarda. Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta carreira solidaria xa poden facer a súa inscrición a través da páxina www.reunalia.com/349996.
Este evento está organizado polo Concello da Guarda en colaboración coa Sociedade Atlética do Trega, pola asociación ConRazones e pola sociedade San Vicente de Paúl.
A inscrición é gratuíta e o que se pide e que se aporte algún tipo de alimento non perecedoiro que se repartirá entre as persoas que máis o precisen da Guarda.
A carreira se disputará a través do porto guardés, sendo a saída na Rúa do Porto e pasando pola Senda Litoral.
Haberá dúas modalidades simultáneas, unha carreira e unha andaina de 10 quilómetros de distancia.
Os horarios serán diferentes, así os participantes das andainas sairán ás 9,30 horas, os corredores senior, junior e veteranos ás 10,15 horas, a carreira dos menores (1,5 quilómetros) comezará ás 11,20 horas e a carreira de pulgas (150 metros) ás 11,45 horas.