Aberta a oficina para corrixir a cartografía catastral do municipio
O Concello da Guarda habilitou, como xa se anunciara, unha oficina para atender, explicar e corrixir os erros do catastro detectados na cartografía do termo municipal da Guarda. A oficina terá atención personalizada ao público e sen custo.
Para unha mellor eficiencia, haberá que pedir cita previa, que xa se poden solicitar desde o pasado luns 15 chamando ao Concello no número 986 61 00 00 (extensión 2).