Abertas as inscricións da 4ª edición do obradoiro ‘Con voz propia’
O obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia” volve este ano 2025 coa súa cuarta edición.
Este obradoiro estará impartido por Cristal Méndez os xoves á tarde de 18:00 a 20:30 horas. O comezo do curso será o próximo 23 de xaneiro e terá unha duración total de 25 horas.
As inscricións xa están abertas a través do teléfono do CIM 986 61 46 48 e o correo electrónico muller@aguarda.es .