Abertas as inscricións para o concerto de Música nos Xardíns deste sábado con The Charráns + Zalomon Grass
• O sábado 18 terá lugar o último concerto de Música nos Xardíns no Centro Cultural con The Charráns e Zalomon Grass.
• É preciso inscribirse previamente, aforo limitado e protocolo Covid-19.
O vindeiro sábado día 18 de setembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle o último concerto de Música nos Xardíns 2021, coasactuacións dos grupos The Charráns e Zalomon Grass.
The Charráns(A.K.A los charranes) é un grupo local da Guarda nado no ano 2014 e formado entre compoñentes dos grupos Frakaso Skolar e Asegún como resposta a unha sociedade insociable. No ano 2016 editan o seu primeiro disco “Punk furtivo” da man de Baixo Miño Estudios e despois de ducias de concertos no ano 2020 gravan o seu novo LP en Grabaciones Ilegales con Charlie Thenstill e que foi publicado na internet por falta de fondos para a súa edición. Criáronnos dicindo que poderíamos ser ricos, ser famosos, cortar o bacallao e triunfar na vida, pero todo era mentira. Só uns poucos poden ser ricos e ao resto, tócanos sementar patacas, facer pan, ir ao mar ou construír esas casas que nunca teremos, ao resto tócanos ser Charráns.
Zalomon Grass e o seu desbordante blues cósmico ven a sacarnos da apatía e o entumecemento destes tempos estraños. Se te gustan os power tríos dos vellos tempos, esta é a túa banda.
Estes concertos están apadriñados polo Rock Guardés e o Galifornia Beat.
Reserva de entradas no seguinte link:
https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda