Cancelada a xornada de plogging o 5 de xuño na Guarda
-EVENTO CANCELADO-
Dentro do Ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a OMIX da Guarda, en colaboración con Medio ambiente e o Consello Climático Xuvenil, o Concello da Guarda organiza unha Xornada de Plogging, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente.
As inscricións están xa abertas a través do seguinte link: https://www.deporticket.com/web-evento/7007-plogging-sostendo-o-futuro
Esta actividade terá luga ra partires das 10:30h do domingo día 5 de xuño con saída e chegada no Museo do Mar do Porto da Guarda, unha acción onde se une a actividade física coa recollida de residuos, co obxectivo claro de promover un estilo de vida saudable e respectuoso co medio ambiente, concienciando sobre o problema da recollida de residuos a toda a comunidade.
Serán dous os percorridos entre os que se poderá escoller, dependendo do estado físico de cada participante:
1. Carreira + trote: volta ao monte Trega con aproximadamente 8 km de percorrido
2. Andaina polo Camiño portugués da costa
A proba estará limitada a un máximo de 100 participantes por percorrido ( 200 personas en total) e poderán anotarse persoas de 16 anos en diante(carreira) e a partir de 8 anos de idade, sempre acompañados por un titor/a ou persoa responsable(andaina).