Aberto ata o 20 de setembro o prazo de inscrición para as andainas de Santiago a Fisterra organizadas pola Guarda e Caminha
Estas andainas, en 4 etapas, forman parte dunha actividade organizada conxuntamente pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.
Estas andainas, en 4 etapas, forman parte dunha actividade organizada conxuntamente pola Cámara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco. Ademais supón a continuidade da peregrinación de Caminha ata Santiago de Compostela que máis de 100 veciños da Guarda e Caminha realizaron durante os primeiros meses de 2016.
Como se emprega un autocar para o traslado dos participantes é preciso realizar unha inscrición no tel. 986 61 45 46 ou no mail deporte@aguarda.es antes do martes 20 de setembro. Esta actividade ten un custe de 50 € por participante.
A continuación descríbense brevemente as 4 etapas pero en cada etapa indicarase os lugares para agruparse e realizar a parada máis longa para comer. Cada participante debe respectar ó máximo os horarios marcados porque a actividade é conxunta.
En todas as etapas a hora de saída é ás 7.30 h dende a explanada do CEIP A Sangriña. Encontro cos participantes de Caminha e Viana do Castelo en Goián ás 20.00 horas.
1ª etapa: 8 de outubro
Santiago de Compostela – Negreira (21 km)
Saída de Santiago pola rúa das Hortas cara a igrexa de San Froitoso e a Carballeira de San Lourenzo. No Alto do Vento deixase atrás o concello de Santiago para entrar no de Ames onde agarda a principal dificultades do día: a subida ó alto do Mar de Ovellas. Despois se baixa cara o Tambre entrando xa no concello de Negreira onde finaliza a primeira etapa.
2ª etapa: 15 de de outubro
Negreira – Vilar do Castro (24 km)
Saída de Negreira cara o rio Barcala, San Mamede de Zas e seguindo tramos do Camiño Real ata chegar ó Concello de Mazaricos. Logo de subir un pequeno repeito finalizase a etapa en Vilar do Castro.
3ª etapa: 29 de outubro
Vilar do Castro – Cee (25 km)
Comezase a camiñar cara Abeleiroas e San Cristovo de Corzón ata achegar a unha ponte sobre o coñecido río Xallas que divide os Concellos de Mazaricos e Dumbría. Volverase a contemplar as fermosas vistas deste río pasada a localidade Olveiroa. Pasado a tenda-bar de Logoso atópase a bifurcación que leva a Muxía ou Fisterra polo que convén ir atentos para coller en dirección a Fisterra. Logo da ermida de San Pedro Mártir contemplase xa, ó lonxe, Fisterra. Pero haberá que agardar ata o 5 de novembro para chegar alá porque esta etapa finaliza no corazón desta comarca da Costa da Morte: en Cee.
4ª etapa: 5 de novembro
Cee – Fisterra (15 km)
Etapa curta que pasa por Corcubión, Sardiñeiros e outras pequenas localidades da Costa da Morte ata chegar a Fisterra. Pero non remata aquí: un último esforzo, nunha subida prolongada e suave, para chegar ata o Faro Finis Terrae sendo o Epílogo e fin desta Andaina da Guarda-Caminha.