Aberto o prazo de inscrición para participar no “Obradoiro da Risa” organizado polo Centro de Información ás Mulleres do Concello da Guarda
O Centro de información ás Mulleres (CIM) organiza un obradoiro da Risa,subvencionado pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo, que comezará o día 16 de Outubro até o 20 de Novembro, impartido pola Monitora Sol González, que conta cunha experiencia no sector de mais de 20 anos, e que realizou os seus obradoiros en case toda España, en Escocia, en Inglaterra, en Portugal e agora na Guarda.
Aberto o prazo de inscricións para todas aquelas persoas que queiran divertirse e comprobar os beneficios da risa.
Poden inscribirse no propio CIM ou no tlf: 986 61 46 48