Aberto o prazo para solicitar praza do curso 201920 na Escola Infantil Municipal da Guarda
O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa da apertura do prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2019/20.
O prazo de ingreso estará aberto ata o 31 de maio a través do departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda en horario de 9:00h a 13:00h.
A escola infantil municipal da Guarda é un centro de atención diurna de carácter socio educativo para os nenos e nenas de 3 meses a 3 anos de titularidade municipal.
Entre os seus obxectivos destacan a promoción e o fomento do desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno e nena, facilitar a conciliación familiar entre a vida familiar e laboral, facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc…, lograr un equilibrio afectivo satisfactorio, respectar a singularidade e diversidade de cada menor, entre outros.
As familias interesadas deberán presentar a súa solicitude e a documentación requirida dentro do prazo establecido no regulamento de organización e funcionamento da escola infantil municipal publicado no BOP o 9 de outubro de 2009.
A documentación e impresos poderán descargala na web municipal no apartado de normativa e trámites.