Acádanse máis de 71.000€ para a transformación paisaxística do acceso ao Castelo de Santa Cruz
- A intervención para a que se consegue esta subvención estará dirixida a mellorar o entorno do acceso ao Castelo pola Porta de Socorro.
O Concello da Guarda ven de recibir da Xunta de Galicia a resolución positiva da subvención que se solicitou nunha convocatoria de axudas dirixidas a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego, no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
A través desta intervención repoñeranse todas aquelas árbores que se atopan danadas no acceso ao Castelo de Santa Cruz e realizarase unha actuación na principal zona axardinada creando un pequeno bosque de plantas aromáticas e un “hotel para insectos”, unha iniciativa que favorece a biodiversidade, e pode servir como ferramenta pedagóxica para os centros educativos e outros colectivos interesados no coidado do medio ambiente.