As Festas do Monte porán fin cunha gran velada de boxeo
Este xoves 15 de agosto o pavillón municipal da Sangriña acollerá a gran velada de boxeo que porá fin ás Festas do Monte 2024.
A partir das 8 da tarde celebraranse 6 combates a 3 asaltos, disputados por boxeadores neo-profesionais. No intermedio, haberá unha exhibición das vellas glorias.
Ademais, aproveitarase o evento para facer unha homenaxe aos nosos campións: Fernando Bernárdez, Esteban Doiro e Carlos Miguel.
As entradas terán un custo de 10€ para o acceso ás gradas e 15€ para as cadeiras.