AVISO. O Concello da Guarda pide un consumo responsable da auga
Desde o Concello da Guarda pedimos un consumo responsable da auga ante a alta demanda do servizo de auga polo aumento de poboación na nosa vila durante os meses de verán.
O aumento da poboación únese ás altas temperaturas que estamos a vivir polo que pregamos que se realice un uso responsable da auga: preparación de alimentos, hixiene persoal e outras necesidades básicas.
Moitas grazas pola súa colaboración e comprensión.



