(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Deporte

    • Home
    • Deporte
    • Bases II Torneo de Baloncesto 3×3 Vila da Guarda

    Bases II Torneo de Baloncesto 3×3 Vila da Guarda

    • Posted by Concello
    • Categories Deporte
    • Date 14 July, 2016

    A Concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza o II Torneo de verán 3×3 de Baloncesto Vila da Guarda en colaboración de diferentes locais do Concello da Guarda

    A Concellería de Deportes do Concello da Guarda organiza o I Torneo de verán 3×3 de Baloncesto Vila da Guarda en colaboración de diferentes locais do Concello da Guarda: Merca Vicente, Foto-Verano, Confitería Rogelio, Éxfico, Pady sport, JJ, Librería Ler, Peluquería Victor Pazos, Novo Bar, As De Copas, Librería Atlántica, El Paseo, Pizzería Carla, Restaurante
    Arena Grande, Joyería Royfe, Singular, Bar Celta,Viceversa, Copy Quisqueya, Art Café, Lolipop, Porto Guardes, La Casilla, Gaviota, Arruaz, Ítaca, Cervecería Pool Chaos.

    DATA E LUGAR Celebrarase o sábado 30 de xullo no Centro Cultural de A Guarda en caso de choiva transladarémonos aoPavillón do IES A Sangriña. Comezaremos o torneo o
    sábado pola mañá, estando programado o primeiro partido ás 10.30, momento no que tódolos participantes de tódolos equipos deben estar ali para a presentación do torneo.

    INSCRICIÓNS DOS EQUIPOS A Liga estará formada por todos os equipos inscritos que teñan un mínimo de 4 persoas e máximo de 5. Os equipos poderán ser indistintamente
    masculinos, femininos ou mixtos. O custo da inscrición será o de aportar unha bolsa de alimentos, para o banco de alimento do Concello da Guarda no que actualmente existen carencias en: Cola Cao, atún, leche, aceite, conservas (tarros e latas), tomate frito, pataca e azucre. Non traer pasta nin arroz. Se algún equipo ou xogador non consegue p mínimo necesario para formar un equipo, por favor, infórmennos a través da páxina de Facebook disposto para o Torneo https://www.facebook.com/II-Torneo-3×3-De-Baloncesto-Vila-Da-Guarda-102523746764910/?ref=ts ou envíen un correo electrónico a torneobaloncesto@hotmail.com.
    O prazo de inscripción finaliza o Venres 29 as 10:00, non admitíndose inscripcións fora do prazo. O método de inscripción é on-line, dende esta páina: reunalia.com/4944093

    NORMAS E REGULAMENTO DO TORNEO 3×3
    A arbitraxe correrá a cargo dos xogadores, pero cada equipo que non este disputando partido nese momento debe aportar un xogador, que controlará tempo, o resultado, as faltas dos xogadores ou actuara de mediador ante as posibles decisións no partido. Isto fará que todos colaboremos no bo funcionamento do torneo. As posicións de cada un sortearanse no momento de sortear o calendario.
    – Xógase nunha soa canastra.
    – Cada equipo debe nomear un capitán que será o representante único, e que será o encargado de falar co moderador externo.
    – Cada canastra vale un punto, excepto aquelas conseguidas desde máis aló da liña de triple, que valerán dous puntos.
    – O xogo terá unha duración de 15 minutos. Ao final dese tempo, gañará o encontro o equipo que vaia por diante no marcador.
    – No caso de que o partido finalice en empate, darase un extra de 2 minutos. A posesión sortearase nun salto. Se ao final do tempo extra continua o empate, os tres xogadores que nese momento estean xogando por cada equipo, terán que lanzar un tiro libre cada un e gañará o encontro o equipo que máis enceste.
    – A primeira posesión de balón vira designada por un sorteo previo.
    – Logo de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír máis aló da liña de 3 puntos, antes de poder anotar. Se anotasen sen saírse da liña de 3 puntos a canastra non contara e a posesión sería para o equipo contrario.
    – Logo de cada canastra o balón cambia de posesión e iníciase o xogo dende detrás da liña de tres puntos.
    – Cando o balón salga fóra, deberá pórse en xogo dende a banda. – Os equipos disporán de 1 tempo morto durante o partido. Poderán pedirse ao reloxo en calquera momento polo capitán do equipo. O tempo morto concederase cando o equipo que o solicite teña a posesión, antes de que se poña o balón en movemento. Será de 45 segundos.
    – As loitas supoñen sempre a posesión do balón para o equipo que defendía.
    – As faltas fora de bonus sacaranse sempre de banda.
    – Cando un equipo chegue a oito faltas, o equipo rival entrará en bonus. tirando un tiro libre que valera un punto, na seguinte a esa falta. Ese tiro libre será con rebote continuando co partido. Se este bonus se da nos últimos dous minutos o tempo deterase ao efectuar os tiros libres. Cando a falta sexa sobre un tiro dende máis lonxe da liña de tres puntos, realizaranse dous tiros libres, sendo o segundo con rebote continuado.
    – As faltas intencionadas non se permitirán e serán penalizadas cun tiro libre que valera un punto e a posesión do balón para o equipo sobre o que recaia a falta.
    – O principio fundamental do 3×3 é o “fair-play” ou xogo limpo. Cada partido rexerase por este principio e os participantes actuarán como árbitros. Cada xogador/a debe declarar as
    faltas que comete, sendo potestade do moderador mediar se existise algunha xogada dubidosa.
    – Ningún xogador participará en máis dun equipo, e ningún equipo poderá xogar con xogadores distintos aos que se inscribiron.
    – Os equipos que se atrasen máis de 10 minutos da hora de comezo serán eliminados.
    – Se algún membro da organización observa o comportamento antideportivo nun ou varios xogadores dun equipo, ou ben nos acompañantes deste mesmo equipo, influíndo no lóxico transcorrer do xogo, poderán ser eliminados da competición.
    – A organización resérvase o dereito a modificar a duración dos partidos, coa intención de axilizar o torneo.

    • Share:
    Concello

    Previous post

    Lista definitiva de admitidos no proceso de selección dun guía para o padroado monte Santa Trega
    14 July, 2016

    Next post

    A Romaría de Santa Trega, a Festa da Virxe das Mercedes e outros eventos ofrecerán uns días de moito entretemento
    21 September, 2016

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women

    Rebulindo

    • Móvete (Actividade física)
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion (Formación)
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica
    • Whistleblowing channel

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Política de cookies
    • Privacy Policy