Charla sobre nutrición para afrontar o Nadal de forma saudable
Terá lugar o vindeiro martes 19h. ás 19h. no Centro cultural, a cargo do nutricionista do centro de saúde Nicolás Piedrafita.
Ás portas do Nadal multiplícanse os xantares abundantes sendo habitual resentirse pasadas estas datas. Os excesos na alimentación son frecuentes polo que dende o Centro de Saúde da Guarda queren realizar unha charla-obradoiro para o público en xeral e dun xeito didáctico e ameno ensinar aos veciños da Guarda a cambiar certos hábitos ou xerar novas estratexias para evitar que cometamos excesos sen por elo renunciar a compartir mesa cos nosos seres queridos, que ao final é o centro do Nadal.
Así este taller intentará traballar en tres aspectos fundamentais:
-
Consellos para non perder de vista a nosa alimentación durante as celebracións
-
Estratexias para gozar da comida sen remordementos e evitar compensacións extremas
-
Aprender receitas deliciosas e rápidas descubrindo combinacións saudables e rápidas de elaborar pensadas para as celebracións de Nadal
O evento que é de acceso libre e non precisa de inscrición previa realizase en horario de tarde, ás 19h. Procurando chegar ao maior número de asistentes posibles, polo que convidamos a todos os interesados a achegarse o vindeiro martes 19 polo Centro Cultural.
Tag:alimentación, Nadal, saúde, vida saudable