(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • English
  • Galician
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Chega á Guarda -MAVI- A Maleta viaxeira contra a violencia de xénero

    Chega á Guarda -MAVI- A Maleta viaxeira contra a violencia de xénero

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura, Muller
    • Date 29 November, 2022
    • Comments 0 comment
    Chega á Guarda -MAVI- A Maleta viaxeira contra a violencia de xénero

    • Promovida pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a iniciativa enmárcase no programa de actividades arredor do 25N, Día Internacional contra a violencia machista

    • Tras a boa acollida da primeira maleta, a Subdelegación do Goberno puxo en marcha catro máis

    • Concello da Guarda é o segundo en recibir unha destas novas maletas

    • A subdelegada agradeceu a colaboración do municipio e destacou o seu compromiso coa igualdade

    A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou este luns na Guarda xunto co alcalde, Antonio Lomba, a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, a directora do CIM Yolanda Vilaverde e a bibliotecaria, Marisol Diz, o proxecto de sensibilización “Mavi: a maleta viaxeira contra a violencia de xénero”, unha iniciativa promovida pola Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, que trata de achegar, especialmente ás mulleres, unha serie de libros que poden axudar á reflexión, á sensibilización e á concienciación en moitas situacións de vulnerabilidade das propias mulleres. Os libros contidos na Maleta viaxeira están a disposición de todo aquel que os desexe para o seu préstamo na Biblioteca Pública Municipal da Guarda.

    Tras a boa acollida que tivo a primeira maleta, que se puxo en marcha o ano pasado, a Subdelegación creou catro novas MAVI que viaxarán pola provincia. “A segunda destas novas maletas recala hoxe no Concello da Guarda para achegar libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista ás mulleres e nenas do municipio”, explicou a subdelegada, que agradeceu a colaboración do Goberno local para activar este proxecto e a súa implicación para que chegue á maior parte da poboación, fundamentalmente á da zona rural, que é a que ten máis dificultades para acceder a materiais e campañas desta natureza.

    Maica Larriba destacou que “son un total de 78 libros repartidos en cinco maletas que promoven a reflexión, a sensibilización e concienciación sobre temas determinantes para conseguir unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias, favorecendo un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades e que lamentablemente seguimos vendo día a día por parte de grupos que seguen negando a violencia de xénero”.

    A estadía inicial de “MAVI” no Concello da Guarda será de tres meses un período que poderá ampliarse en función da demanda. Tras o Grove a A Guarda, “MAVI” continuará a súa viaxe por outros concellos, casas de acollida, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero, centros de información á muller ou servizos sociais da provincia que soliciten a maleta para traballar coas súas usuarias. “É unha viaxe sen data de volta”, explicou Larriba, “xa que a idea é que a maleta poida continuar percorrendo a provincia e aumentando ou variando os libros que viaxan nela”.

    O alcalde, polo seu lado, agradeceulle á subdelegada esta iniciativa, asegurando que “será moi ben acollida pola veciñanza”. Antonio Lomba manifestou a necesidade de “seguir traballando fronte a violencia machista e a prol de igualdade plena, sendo a literatura unha ferramenta de moito alcance nesta loita de toda a sociedade”.

    Tag:Biblioteca, igualdade, maleta viaxeira, mavi, violencia machista

    • Share:
    prensa

    Previous post

    Abertas as inscricións para a San Silvestre da Guarda
    29 November, 2022

    Next post

    A Guarda presenta a programación do Nadal 2022/23
    29 November, 2022

    You may also like

    • Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda
      Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda
      1 February, 2023
    • O Concello da Guarda lanza a segunda edición dos obradoiros de autocoidado para mulleres “quérome, cóidome”
      20 January, 2023
    • A Mostra “Do Lérez Ao Tambre” Chega á Guarda Man De Nadia Otero
      A mostra “Do Lérez ao Tambre” chega á Guarda man de Nadia Otero
      19 January, 2023

    Leave A Reply Cancel reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *

    Search

    Categories

    • General
    • Highways and works
    • Tourism
    • Uncategorized
    • Women
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    MOBILE APP

    You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

    A Guarda IOS application
    A Guarda Android application

    Council

    • Write to the Mayor
    • Schedules of Interest
    • Sede Electrónica

    Información

    • Associations and Groups
    • Phones of interest
    • Emergency Pharmacy

    Recommended

    • Events
    • News

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Legal notice
    • Cookies policy
    • Privacy Policy