(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Login with your site account

No apps configured. Please contact your administrator.
Lost your password?

  • Galician
  • English
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Search

    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups
    • Local Administration
      • Welcome of the Mayor
      • Local Administration
      • Reporting Committees
        • Special Account Commision
        • Plenary Affairs Commission
        • Urban Affairs Commission
      • Government Team
      • Municipal Corporation
      • Plenary Session Minutes
      • Minutes of Local Government Board
      • Flag and Local Coat of Arms
    • Regulatory Affairs
      • General Ordinances
      • Tax Ordinances
      • Regulations
      • Taxpayer’s Calendar
      • Payment Letters
    • Municipal services
      • CeMIT Room
      • Culture
      • Sport
      • Education
      • Nursery School
      • Heritage
      • Local Police
      • Social Services
      • Urbanism
      • Highways and Works
      • YOUTH (Municipal Youth Information Office- OMIX)
      • Municipal Market
    • MOT in A Guarda
    • Emergency Pharmacy
    • Spanish ID Card Renewal
    • Associations and Groups

    Cultura

    • Home
    • Cultura
    • Cine, literatura e deporte: programación cultural para a fin de semana na Guarda

    Cine, literatura e deporte: programación cultural para a fin de semana na Guarda

    • Posted by prensa
    • Categories Cultura
    • Date 19 October, 2017

    A programación cultural e deportiva da fin de semana comezará esta noitiña cun achegamento literario á represión franquista e continuará o venres coa proxección do filme inglés “La chica danesa”. O sábado poderemos realizar un percorrido guiado por Salcidos e celebrarase a proba “Vellas Glorias do Ciclismo” coa participación de grandes veteranos da disciplina deportiva, namentres o o caso histórico da Guarda será a protagonista da ruta guiada do domingo.

    Esta noitiña presentarase na Casa dos Alonso o libro “Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron”. No acto de presentación, que comezará ás 20:30 horas, participarán a escritora e membro de Sermos Galiza Marga Romero, o coautor do libro e especialista na represión franquista Xosé Álvarez, o autor e coordinador da obra Xoán C. Garrido, e o mestre e membro da Comisión Cidadá pola Verdade do 36 do Baixo-Miño, Xosé M. Méndez.

    O volume recolle un extenso estudo sobre os represores na provincia de Pontevedra, facendo especial referencia ao papel desenvolto polos actores do operativo represivo recollidos en diversos testemuños tanto documentais como orais.

    A noite do venres teremos ocasión de gozar do mellor cine no Centro Cultural. Alí proxectarase “La chica danesa”, unha película dramática que narra a historia real unha parella de artistas cuxa vida marital da un xiro cando o home adopta unha aparencia feminina. Esta será unha boa ocasión para reflexionar sobre a identidade de xénero e a ruptura dos estándares sociais respecto do estrito binomio home-muller.

    A Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda, pola súa parte, organiza este sábado, 21 de outubro, unha visita guiada pola parroquia de Salcidos. O percorrido comezará na Igrexa Parroquial ás 17:00 horas, e estará dirixida polo historiador Manuel Álvarez. Da súa man coñeceremos a historia do pazo e os seus moradores, así coma dos lavadoiros públicos e outros lugares emblemáticos da parroquia.

    O deporte tamén terá cabida na xornada do sábado coa celebración da proba “Vellas Glorias do Ciclismo”. Os participantes -entre os que se atopan Ezequiel Mosquera, Álvaro Pino, José Ángel Vidal, Oscar Pereiro, Isidro Araujo e Gustavo Otero, entre moitos outros veteranos do ciclismo- realizarán un circuíto urbano que dará comezo ás 17:30 horas na Alameda e finalizará no Monte Santa Trega.

      Xa o domingo, gozar do entorno será o obxectivo principal da andaina organizada pola Asociación Veciñal e Cultural das Parroquias da Guarda. Ás 16:30 horas comezará unha ruta guiada polo casco histórico con saída dende o Castelo de Santa cruz. O percorrido pasará polas murallas, a atalaia, a cetaria e outros puntos de interese da nosa vila, contando coas explicacións do funcionario de Patrimonio da Xunta de Galicia, Miguel Reboredo.

      Exposición “Proxecto táctil”

      Dende esta mañá, pódese visitar no Centro Cultural “Proxecto táctil”, unha mostra composta por unha ducia de obras artísticas pensadas para ser percibidas mediante o tacto. Os visitantes poderán facer uso dun anteface e das súas mans para coñecer as pezas escultóricas elaboradas por actuais e antigas alumnas da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo.

      A exposición estará aberta ao público ata o próximo 4 de novembro no horario habitual do Centro Cultural, isto é, de 10 a 13 e de 17 a 20 horas de luns a venres, e os sábados en horario de mañá.

       

      Tag:Andaina, Casa dos Alonso, Centro Cultural, Ciclismo, cine, Cinema de outono, cultura, Exposición, Proxecto táctil

      • Share:
      prensa

      Previous post

      A exposición «Proxecto táctil» inaugúrase mañá ás 12 no Centro Cultural
      19 October, 2017

      Next post

      Lista provisional de admitidos/as para a selección dun/unha profesor/a de gaita
      20 October, 2017

      You may also like

      • A axenda de Nadal trae á Guarda unhas xornadas de festa pensadas para desfrutar en familia
        4 December, 2025
      • A Guarda inicia o Nadal nesta ponte co acendido da iluminación das rúas
        1 December, 2025
      • A obra ‘Chegar e encher’ pon fin á programación do 25N do Concello da Guarda
        24 November, 2025

      Search

      Categories

      • General
      • Highways and works
      • Tourism
      • Uncategorized
      • Women

      Rebulindo

      • Móvete (Actividade física)
      • Lemos Xuntos?
      • Dalle ó Play
      • Coñece a vila!
      • A vida é xogo
      • Acion (Formación)
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      MOBILE APP

      You can download the official app of the town hall of A Guarda for:

      A Guarda IOS application
      A Guarda Android application

      Council

      • Write to the Mayor
      • Schedules of Interest
      • Sede Electrónica

      Información

      • Associations and Groups
      • Phones of interest
      • Emergency Pharmacy

      Recommended

      • Events
      • News

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Legal notice
      • Política de cookies
      • Privacy Policy