Cinema de Verán ao aire libre na Guarda
A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celebraráse na Praza do Reló do municipio con 3 sesións de cinema para todos os públicos.
A primeira cita celebrarase o vindeiro mércores día 11 de xullo ás 22:30h coa proxección de “Un Italiano en Noruega”, unha das películas máis “taquilleiras” en Italia, con máis de 10 millóns de espectadores.
A seguinte cita terá lugar o Mércores 1 de agosto ás 22:00h coa proxección de La La Land, unha homenaxe ao Hollywood dourado dos anos 50´s, e o Venres 17 de agosto ás 22:00h coa proxección de “Bebé Jefazo”, unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.
Dende a Concellería de Cultura anímase a todos os veciños e visitantes a gozar destas proxeccións ao aire libre na Praza do Reló.
Tag:A Guarda, Cinema, cinema de verán, cultura