Comezan as obras de pavimentación da rúa Enrique María Sesto
O mércores 24 de abril a rúa Enrique María Sesto permanecerá cortada ao tráfico durante todo o día.
Nese tramo renovarase o asfalto e mellorarase a seguridade.
A actuación enmárcase no plan de mellora da seguridade viaria do concello.
A Policía Local será a encargada de habilitar os desvíos pertinentes e durante todo o día estará atendendo o tráfico rodado da zona para evitar a conxestión de tráfico e garantir o bo desenvolvemento da actuación.