COMUNICADO: Sobre o peche das atraccións das Festas do Monte 2024
O Concello da Guarda NON autorizou a apertura das atraccións dos feirantes, xa que a súa documentación está a ser revisada polos servizos municipais.
Os feirantes que teñen as súas atraccións abertas están facéndoo sen autorización municipal e baixo a súa conta e responsabilidade. A Policía Local está a notificar aos feirantes que non contan coa autorización municipal e polo tanto, deben manter as súas atraccións pechadas.
Desde o Concello non se autorizou aínda a apertura destas atraccións, información que queremos poñer en coñecemento da cidadanía para que actúe como considere.